Arquivo de 11 Decembro 2008

Existe un acento galego neutro?
E se o hai, quen carallo o ten?

A raíz do último artigo no que Marina Castaño comentaba as técnicas que se empregaban (e se empregan) para “pulir” o acento galego dun castelanfalante para convertelo en neutro, xurdiume unha reflexión: acontecerá o mesmo co galego? Eu parto da base de que todos os idiomas teñen un acento neutro, unha casa común onde se ven recoñecidas todas as variedades dunha lingua. Hai acento neutro en español internacional de España, en catalán internacional de Cataluña, en portugués internacional de PortugalComo non o vai haber en galego internacional de Galicia?

Habelo, haino. Claro que o hai! O que pasa é que, na miña opinión, está en proceso de formación e consolidación aínda. E sabedes quen creo que o ten? Pois máis xente do que parece. Se cadra ti que estás lendo este artigo tamén o tes e emprégalo sen decatarte. Para min, o acento galego neutro é, nin máis nin menos, ca o que se emprega nas dobraxes de películas que emite a TVG. Non me estou referindo ás do principio, onde si que se notaba un certo sotaquito castelanizante. Refírome ás dobraxes que se fan hoxe en día.

A forza precisamente de ir “pulindo” o acento con características da fonética e da prosodia galega conseguiuse ao meu parecer un produto bastante bo, que eu creo que deberían de seguir todos aqueles que se dedican a falar en público o noso idioma, sexan xornalistas, políticos ou culturetas. Por poñer un exemplo claro, que entenda todo o mundo: na miña opinión na serie Shin Chan empregábase un clarísimo acento galego neutro: fonética, entoación, prosodia galegas que non se relacionan con ningún lugar en concreto do país. Velaquí un exemplo. Quen diría que isto non é acento galego neutro?

Proba de que existe un acento galego neutro ou que está en proceso de consolidación é que tamén en Galicia se producen fenómenos como os que denunciaba Marina Castaño na Cadena Ser con respecto ao castelán. Coñezo infinidade de casos de persoas que en determinados contextos abandonan o acento da súa zona (gheadas, seseos, etc.) para falar un galego neutro (ou que esas persoas consideran neutro), algo que para min non significa traizoar en absoluto a esencia da lingua. Máis ben ao contrario: eu estimo que a consolidación do galego neutro é un aspecto moi positivo para o idioma, que o equipara ás grandes linguas. A existencia dun galego neutro serve tamén para marcar a nosa identidade con respecto a eses idiomas xigantes, nomeadamente o español e o portugués.

Só para terminar quixera confesarvos algo. Cando falei no programa da Radio Galega, non o fixen empregando un acento galego neutro, senón máis ben o da miña zona. Velaquí un anaco de audio inédito, que non chegou a emitirse aquel día por falta de tempo.

Aí claramente non estou falando con acento galego neutro. Estou falando, e con moito orgullo, co galego da miña zona. Pero tampouco me teño que sentir mal por “pulir” certas características do meu lugar de orixe para falar en público.

Con todo, hai unha cousa que lle falta por facer ao galego estándar a este respecto: determinar cales son, por exemplo, as variedades estándar para palabras que non teñen uniformidade en todo o territorio. Un caso: “Independencia” debe ser con e aberto ou con e pechado en galego neutro? Iso está aínda por determinar. E coma esa palabra hai milleiros de casos.

En fin… esta é a miña opinión sobre o asunto. Agora espero os vosos comentarios.

8 comments Decembro 11th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta