Documento aterrador: técnicas para “pulir” o acento galego
Eu non son de escoitar moito a radio, pero esta tarde cadroume de poñer a Cadena Ser e escoitei por puro azar un documento aterrador. Teño que recoñecer que me custou moito traballo recoñecer a convidada do programa ‘La Ventana‘, onde tamén interviña o showman galego-venezolano Boris Izaguirre, a quen tanto se bota en falta na tele. Pero bueno, o de menos é a persoa. Fixádevos o tratamento de reprogramación de acento ao que eran sometidos os xornalistas e locutores hai algúns aniños. Seguirá facéndose aínda hoxe? :-O
E vós que? Xa sabedes quen é a persoa que narra estes feitos tan aterradores? Só vos dou unhas pistas: é xornalista, aínda que ninguén a coñece como tal, e super-mega-pijísima, aínda que un pouco maior para esa maneira de falar. E como podedes comprobar, ademais, por moito que o disimule ou por moito que a “reprogramaran” aínda lle saen enes velares ao final dalgunhas palabras. Que ben sabemos de onde es, galleguita! :D ![]()
17 comments Decembro 10th, 2008


