Ascárida: “Consólame pensar que o 99,9% dos reintegratas acaban de funcionarios”
9/Decembro/2008
Hai veces en que un avatar di moito dunha persoa. É o caso de ascárida. Fixádevos nesa cara entre altiva e de desprezo coa que vos mira… Non vos parece apaixonante e aterrador ao mesmo tempo?
A min ese toque medio croco que ten sempre me pareceu que tiña un punto. É unha tipa que non se corta un pelo, esta ascárida. E nunha visita guiada por alema.org non podía ser unha excepción. Sinceridade e borderío en estado puro.
![]()
alema: Bueno, ascárida. Benvida a alema.org… En primeiro lugar quixera preguntarche pola túa marcha de chuza!, que nos deixou orfos a tantos. A que se debeu? ascárida: Aburríame, sen máis. Quen me dera poder contar algo misterioso. alema: E a que se debía o aburrimento? Temos tendencia a estancarnos en certas dinámicas ou que carallo nos pasa? ascárida: hahahahhahaha.
Así de primeiras, sáeme dicirche que nin puta idea do que NOS pasa, eu sei o que me pasa a min e xa bo é. Para min comezou a ser aburrido cando para a maioría comezou a ser demasiado serio. Os incendios, Reganosa, os presos políticos (!) Ugio e Giana e bla bla bla… Tampouco foi a morte de ninguén. Internet dáme moito para entreterme. alema: E en que anda entretida agora ascárida? ascárida: A Twitter, que por formato é o blog que sempre quixen ter, e a todas as frikadas habituais: ler todos os artigos posibles para ver se vou quedar pronto no paro ou aínda podo vivir disto un pouco máis. E a ver porno. E a lurkear un pouco en todas as comunidades fetichistas que me parecen raras. E a mexar coa risa. E a descargar música e series, que dá moito choio estar ao día.
alema: Si, o tema lurker ten o seu aquel, debo confesalo… Por que non me recomenda algún título porno para os lectores de alema.org? ascárida: O bo porno non ten título. alema: E algún xénero? ascárida: Non é ningún segredo que a min o que me mola é o BDSM
alema: Algo de sado-masoquismo ten este debate que temos algúns sempre arredor da lingua (galega), non concorda? ascárida: Entre os practicantes de BSDM corre o lema ese de “seguro, san e consensuado”, e non me consta que as partes dese debate consensuasen nunca nada. Vostede sabe algo? alema: Consenso hai pouco, iso hai que recoñecelo. Vostede como ve todo este debate arredor da norma e tal…? Cando escoita a palabra “reintegracionismo”, que é o primeiro no que pensa? ascárida: En tortilla. Non é carallada ningunha. É o primeiro que penso. Espero que non sexa nada chungo. alema: Tortilla e reintegracionismo?
xD Que teñen que ver? ascárida: Eu non dixen que haxa relación, digo que é no que penso. Pero se quere que me confese coma se isto fose unha consulta de psicanálise… creo que é a maneira na que a miña psique me di que me mola máis España que Portugal.alema: É consciente de que iso é pecado mortal en certos ambientes? ascárida: Me la suda tanto… alema: Entón, para vostede o do reintegracionismo ten que ser… non sei… un conto chino ou que? ascárida: Así, a vulto? Paréceme unha escusa moi mala para cuspir contra Madrid, a Xunta e calquera que non che queira ben. Consólame bastante pensar que o 99,9% dos reintegratas acaban con praza de funcionario. alema: Precisamente unha das críticas que lles fan os reintegracionistas aos que non o son é que apoien unha norma como a RAG por criterios económicos… É dicir, por pasta. Que opina? ascárida: Eles son os primeiros en sacar o tema económico, a oportunidade que representa para nós ter acceso a iso que lle chaman a lusofonía. Máis oportunidades, ampliar mercados… A pasta é o único argumento co que poderían convencer a xente coma min, que a lingua nos dá un pouco igual pero o peto mirámolo todos os días, de todos os que teñen é o que menos mal me parece. Pero iso, que despois me chamen a min sucia capitalista me jode xD.
alema: Por que cre que o reintegracionismo triunfa tanto ultimamente? ascárida: Onde triunfa? alema: Vostede considera entón que NON triunfa… ascárida: Eu téñoo clarísimo, ti non? alema: Pois non lle sei… Mire que ata Quintana é reintegrata, disque…ascárida: Quintana é supercomplacente. Non me custa nada imaxinarlle o rol niso do BDSM. alema: Entón non ve un auxe do reintegracionismo… É só unha miraxe logo… ascárida: Hai que ter contentos aos que cren que gardan as esencias. Na dereita tamén o fan. E iso non significa que a “derechona” católica teña éxito Ou si? alema: Paga a pena que se vexan as televisións portuguesas aquí? Quero dicir… a calquera prezo? ascárida: Poñen porno en aberto? E pregunto completamente en serio alema: Non. Non poñen ascárida: Ou na tele portuguesa hai algo superchachi que nos estamos perdendo ou é para que aprendamos o idioma, e visto que non hai porno, creo sinceramente que non melloran en nada o que xa temos. A min a tele portuguesa dáme igual, pero se o prezo é que calquera das administracións que me gobernan poñan euros… ni de coña. E se hai que poñer cartos, a min que me poñan a BBC.
alema: Que lle parece que lle chamen ao galego “portugués da Galiza”? ascárida: hahahahhahahahhaha É como ver pementos de padrón de orixe Alicante Para vender funciona alema: Déame un consello para normalizar o idioma…ascárida: Pero a alguén lle interesa normalizalo? Unha morea de peña vive de puta madre a conta de que sea un idioma non-normal alema: Por exemplo? ascárida:Toda a industria montada arredor da produción de contidos en galego, coas súas campañas e todo o apoio económico que ten. Dende os xornais ata o dichoso .gal.
alema: Bueno… E xa para terminar…E para que se vexa que este é un blog pegado á actualidade Coméntenos algo da actuación de Estíbaliz Espinosa no Cultur.gal… Que lle pareceu? ascárida: Pareceume cutre, pero non polo que ela cre que llo di todo o mundo. Non é porque o vídeo estivese gravado cunha cámara barata, ou que non teña nin puta idea de Power Point. É porque a estas alturas poñer o plugin de efectos do Windows Media Player é o equivalente en imaxe a escribir un poema de amor cos versiños eses de “las rosas son rojas y las violetas son azules“. E xa por fastidiar, pregúntome se ademais de pasar o traballo de poñer nos créditos os autores de todo o material que usou tamén lles pagou polo uso.
Artigo gardado en: alema malo, lingua, música, rede, reintegratas



16 comentarios Deixa o teu comentario
1. Spav | 9/Decembro/2008 at 22:23
Boas,
Superafavor do porno en calquera idioma. Porno albanés ¡xa!
Alema, o de que o reintegracionismo ten tirón…¿de qué tirón fala? ¿acaso viu algún palabro estilo “opreçom” ou leu “juiços políticos” na Voz? eu penso que non…
Aproveito para preguntarlle a Ascárida que hai tempo que lle quero dicir, pero non coincido con ela:
¿non cree que está un pouco obsesionada co tema BDSM? en Chuza xa apuntou maneiras….
2. Reidotoxo | 9/Decembro/2008 at 22:31
Estanme gustando sobremaneira estas entrevistas ás personaxes fortes do blogomillo.
TORTILLA! xD
Deberías probar a contactar con Nemigo, iso si había ser, cando menos… carnaza.
3. Gerardinho2000 | 10/Decembro/2008 at 2:22
Que cousas. Pois mira que conheço reintegratas e só dous são funcionários… não me dão as estatísticas
4. Prosciutto | 10/Decembro/2008 at 10:17
Super-a-favor do porno em aberto e estilo DIY, ainda que para isso já está cam4.com em todos os idiomas possíveis XD E coincido com Reidotoxo, o das entrevistas é uma ideia excelente. Once again, parabéns!
5. Spav | 10/Decembro/2008 at 11:00
Estou con Reidotoxo. ¡Un ascárida vs. nemigo en alema.org!
6. Gerardinho2000 | 10/Decembro/2008 at 11:08
#5 Não invoqueis o demo!
E se a ambos somais o Cesare já tendes a santa trindade cujo furibundo debate emitirá energia em quantidade até o ponto de provocar um colapso do espaço-tempo conhecido.
7. ascárida | 10/Decembro/2008 at 12:02
@Gerardinho2000 eu non falei de datos estatísticos, pero ei, por habelos hainos, e ademais moi rabudos, ata en Comisiones Obreras.
8. Galeguzo | 10/Decembro/2008 at 13:38
#7 Interessante, interessante. Pois gostaria de ver esses dados
Eu ainda diria mais: a maioria dos funcionários não são reintegratas. Como che queda o corpo? 
9. O Peto Lareto | 10/Decembro/2008 at 18:17
Home máis que aterrador o avatar parece de “neno… como te pares por ahí abaixo… ou saia a foto movida…. partoche os melindroques!!!…. uf, uf” (je, je), polo demáis nada que non pensen e mesmo pensemos moitos con moita menos proxección blogomilleira inda que eso si, con tanta ou máis corrosividade (existe este palabro?).
Polo que toca os funcionarios, é moi creible que sexan moitos os reintegratas, pois se acudimos ó tópico, que cousa máis de non querer traballar pode haber que adoitar o Portugués en troques de adicar o corpo e a alma a que medre o maltreito Galego???.
10. Gerardinho2000 | 10/Decembro/2008 at 19:02
#9 Homem, a comparação com os funcionários é bastante gratuita
Realmente o “fácil”, o “cómodo” seria somar-se à corrente dominante. Isso seria o mais doado. E, contrariamente a isso, os reintegratas passamos-che muitos trabalhos 
11. O Peto Lareto | 10/Decembro/2008 at 19:44
Recoñezo a miña mala idea, pero é que me quedaba tan a “güebo” que non puiden deixala pasar, eso sí eu falaba de tópicos pero tí das por certo o de vagos sen asomo de complexos…
12. Gerardinho2000 | 10/Decembro/2008 at 20:41
#11 É que eu defendo o geral dos reintegratas, não o geral dos funcionários
Mas se queres que os defenda, também os defendo: os funcionários são necessários.
Ora bem, tal e como está concebido o funcionariado (posto de trabalho não condicionado ao rendimento, sem qualquer reciclagem profissional ou obriga de actualizar conhecimentos, e com direitos herdados de pais a filhos), cuido que se trata de um sistema parasitário.
13. Lara | 11/Decembro/2008 at 1:12
O reintegracionismo ten tirón
Chegoume con o outro día escoitar falar deles a meu tío de 70 anos a raíz dunha noticia na TVG sobre a lingua:
“E aora uns andan querendo pasar o ghallegho a purtuxés para poder falar con 300 millós de personas… reinteghristas creo que lles chaman… manda carallo!”
14. spirit of the zorza | 11/Decembro/2008 at 9:27
Tamén me molou esta antrevista, pero para ser unha páxina de rodício filolóxico, vostede (alema) só está a entrevistar xente que fachendea de que “me la suda la desaparación do galego”. En fin, pode entrevistar tamén alguén que non “se la sude” o galego…por exemplo un reintegrata!
15. alema | 11/Decembro/2008 at 9:41
#13 ai, lara… canta sapiencia popular…! como atina o seu tío cando di que andan “querendo pasar o ghallegho a portugués”… non se pode facer mellor resumo!
#14 a ascárida no “se la suda” a desaparición do galego… e en canto ao cesare, o mesmo… diso estou seguro. con respecto ao que vostede reclama de entrevistas a reintegratas… todo s’andará
aínda quedan aí unhas entrevistas pendentes e que van dar moito que falar hehehe 
16. spirit of the zorza | 11/Decembro/2008 at 10:08
Eu que só son un trozo de carne convintemente especiada é o que veño entendendo que o discurso que quere provocar os alicerces do nosso patriotismo é precisamente ese, e de feito, eso é que parece ser que mola vender, un distanciamento científico por un lado ou postmodelno por outro. Xente aborrecida das chaquetás de lá, as barbas e bailar pogo nos concertos de A Quenlla. :>
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS