Ascárida: “Consólame pensar que o 99,9% dos reintegratas acaban de funcionarios”
Hai veces en que un avatar di moito dunha persoa. É o caso de ascárida. Fixádevos nesa cara entre altiva e de desprezo coa que vos mira… Non vos parece apaixonante e aterrador ao mesmo tempo?
A min ese toque medio croco que ten sempre me pareceu que tiña un punto. É unha tipa que non se corta un pelo, esta ascárida. E nunha visita guiada por alema.org non podía ser unha excepción. Sinceridade e borderío en estado puro.
![]()
alema: Bueno, ascárida. Benvida a alema.org… En primeiro lugar quixera preguntarche pola túa marcha de chuza!, que nos deixou orfos a tantos. A que se debeu? ascárida: Aburríame, sen máis. Quen me dera poder contar algo misterioso. alema: E a que se debía o aburrimento? Temos tendencia a estancarnos en certas dinámicas ou que carallo nos pasa? ascárida: hahahahhahaha.
Así de primeiras, sáeme dicirche que nin puta idea do que NOS pasa, eu sei o que me pasa a min e xa bo é. Para min comezou a ser aburrido cando para a maioría comezou a ser demasiado serio. Os incendios, Reganosa, os presos políticos (!) Ugio e Giana e bla bla bla… Tampouco foi a morte de ninguén. Internet dáme moito para entreterme. alema: E en que anda entretida agora ascárida? ascárida: A Twitter, que por formato é o blog que sempre quixen ter, e a todas as frikadas habituais: ler todos os artigos posibles para ver se vou quedar pronto no paro ou aínda podo vivir disto un pouco máis. E a ver porno. E a lurkear un pouco en todas as comunidades fetichistas que me parecen raras. E a mexar coa risa. E a descargar música e series, que dá moito choio estar ao día.
alema: Si, o tema lurker ten o seu aquel, debo confesalo… Por que non me recomenda algún título porno para os lectores de alema.org? ascárida: O bo porno non ten título. alema: E algún xénero? ascárida: Non é ningún segredo que a min o que me mola é o BDSM
alema: Algo de sado-masoquismo ten este debate que temos algúns sempre arredor da lingua (galega), non concorda? ascárida: Entre os practicantes de BSDM corre o lema ese de “seguro, san e consensuado”, e non me consta que as partes dese debate consensuasen nunca nada. Vostede sabe algo? alema: Consenso hai pouco, iso hai que recoñecelo. Vostede como ve todo este debate arredor da norma e tal…? Cando escoita a palabra “reintegracionismo”, que é o primeiro no que pensa? ascárida: En tortilla. Non é carallada ningunha. É o primeiro que penso. Espero que non sexa nada chungo. alema: Tortilla e reintegracionismo?
xD Que teñen que ver? ascárida: Eu non dixen que haxa relación, digo que é no que penso. Pero se quere que me confese coma se isto fose unha consulta de psicanálise… creo que é a maneira na que a miña psique me di que me mola máis España que Portugal.alema: É consciente de que iso é pecado mortal en certos ambientes? ascárida: Me la suda tanto… alema: Entón, para vostede o do reintegracionismo ten que ser… non sei… un conto chino ou que? ascárida: Así, a vulto? Paréceme unha escusa moi mala para cuspir contra Madrid, a Xunta e calquera que non che queira ben. Consólame bastante pensar que o 99,9% dos reintegratas acaban con praza de funcionario. alema: Precisamente unha das críticas que lles fan os reintegracionistas aos que non o son é que apoien unha norma como a RAG por criterios económicos… É dicir, por pasta. Que opina? ascárida: Eles son os primeiros en sacar o tema económico, a oportunidade que representa para nós ter acceso a iso que lle chaman a lusofonía. Máis oportunidades, ampliar mercados… A pasta é o único argumento co que poderían convencer a xente coma min, que a lingua nos dá un pouco igual pero o peto mirámolo todos os días, de todos os que teñen é o que menos mal me parece. Pero iso, que despois me chamen a min sucia capitalista me jode xD.
alema: Por que cre que o reintegracionismo triunfa tanto ultimamente? ascárida: Onde triunfa? alema: Vostede considera entón que NON triunfa… ascárida: Eu téñoo clarísimo, ti non? alema: Pois non lle sei… Mire que ata Quintana é reintegrata, disque…ascárida: Quintana é supercomplacente. Non me custa nada imaxinarlle o rol niso do BDSM. alema: Entón non ve un auxe do reintegracionismo… É só unha miraxe logo… ascárida: Hai que ter contentos aos que cren que gardan as esencias. Na dereita tamén o fan. E iso non significa que a “derechona” católica teña éxito Ou si? alema: Paga a pena que se vexan as televisións portuguesas aquí? Quero dicir… a calquera prezo? ascárida: Poñen porno en aberto? E pregunto completamente en serio alema: Non. Non poñen ascárida: Ou na tele portuguesa hai algo superchachi que nos estamos perdendo ou é para que aprendamos o idioma, e visto que non hai porno, creo sinceramente que non melloran en nada o que xa temos. A min a tele portuguesa dáme igual, pero se o prezo é que calquera das administracións que me gobernan poñan euros… ni de coña. E se hai que poñer cartos, a min que me poñan a BBC.
alema: Que lle parece que lle chamen ao galego “portugués da Galiza”? ascárida: hahahahhahahahhaha É como ver pementos de padrón de orixe Alicante Para vender funciona alema: Déame un consello para normalizar o idioma…ascárida: Pero a alguén lle interesa normalizalo? Unha morea de peña vive de puta madre a conta de que sea un idioma non-normal alema: Por exemplo? ascárida:Toda a industria montada arredor da produción de contidos en galego, coas súas campañas e todo o apoio económico que ten. Dende os xornais ata o dichoso .gal.
alema: Bueno… E xa para terminar…E para que se vexa que este é un blog pegado á actualidade Coméntenos algo da actuación de Estíbaliz Espinosa no Cultur.gal… Que lle pareceu? ascárida: Pareceume cutre, pero non polo que ela cre que llo di todo o mundo. Non é porque o vídeo estivese gravado cunha cámara barata, ou que non teña nin puta idea de Power Point. É porque a estas alturas poñer o plugin de efectos do Windows Media Player é o equivalente en imaxe a escribir un poema de amor cos versiños eses de “las rosas son rojas y las violetas son azules“. E xa por fastidiar, pregúntome se ademais de pasar o traballo de poñer nos créditos os autores de todo o material que usou tamén lles pagou polo uso.
16 comments Decembro 9th, 2008


