Arquivo de 7 Decembro 2008

Rebelión contra a segunda forma do artigo

Unha das maiores alegrías que levei coa reforma de 2003 foi a condena ao ostracismo da chamada segunda forma do artigo, á que lle teño unha especial manía (iso de “come-las patacas“, “fixémo-lo traballo“, etc). Non por nada. Xa sei que é unha forma moi enxebre galega, pero o que non me molaba -nin me mola- dela é esa teima que teñen algúns de facer que o seu uso sexa obrigatorio na fala espontánea. E ante iso non me queda outra que rebelarme.

As persoas falamos, non nos expresamos coma robots aos que lles dis: “agora tes que dicir esta ou estoutra”. Non. Os humanos pensamos ao tempo que falamos e algunhas veces sáenos a segunda forma do artigo, natural e espontánea, e outras veces non. É como a gheada. Non todos os que falan con gheada transforman todos os sons /g/ en /h/ ou en /x/. Algunhas veces tamén pronuncian algunhas palabras coma se fosen non ghegheantes e non pasa nada.

Desde logo, a min gústame moitísimo máis que a normativa agora opte por dar como preferente a opción de non representar as segundas formas do artigo. Pero hai unha frase que non me chista nada da redacción das NOMIG.

Aínda que non se represente graficamente, a única pronunciación recomendable é a que reproduce a segunda forma nos contextos sinalados: vender a casa [ben'dela'kasa]. (páx. 85)

Non vos parece un pouco “si pero non”? Un pouco “quero-e-non-podo“? A ver, señores do ILG e da RAG. Se vostedes optan por facer máis recomendable non escribir as segundas formas (e mesmo convertelas en démodées), a que vén forzar unha pronunciación que non sempre se dá na lingua falada? Por que ten que ser incorrecto dicir /ben’der a’kasa/ en vez de /ben’dela’kasa/? Ou dicir “todos os días” en vez de “tódolos días”? A que vén falar dunha “única pronunciación recomendable”? Francamente, paréceme algo bastante incoherente.

14 comments Decembro 7th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta