Arquivo de 6 Decembro 2008

Palabras que se len igual do dereito
e virando 180 graos

Xa vin que non lle fixestes nin puto caso á adiviña que vos deixei o outro día, pero bueno… como estamos de ponte festiva e como non vén mal descontrair un pouco despois das últimas polémicas, ofrézovos a solución ao enigma. Remember: pedíanse cinco palabras galegas en maiúsculas que se lean igual do dereito que virando a folla 180 graos (ou facendo o pino, vaia).

Repasando o abecedario só estas letras maiúsculas se len igual dun modo ca do outro: H, I, N, O, S, X, Z. Dese xeito, só se poden construír palabras capicúa con esas letras. E mira ti que en galego se poden facer polo menos cinco, que son as seguintes:

NIN

NON

SIS

SOS

SONOS

O conto non sae se o facemos nin en español, nin en portugués, nin en hybrid reintegrata. Tampouco se o facemos con letras minúsculas (só valería “sos” e nin iso porque SOS é S.O.S. e S.O.S. só pode ir con maiúscula). Pois iso. Nótase ben que o amigo que me propuxo a adiviña é amante dos encrucillados.

En fin… Mañá xa daremos máis caña. :-P

16 comments Decembro 6th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Decembro 2008
L M M X V S D
« Nov   Xan »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorí­as

Tags

Meta