Arquivo de 30 Novembro 2008

A campaña ‘Bueno é galego’ suscita un interesante debate na Radio Galega [audio]

O programa ‘Máis berberechos‘ da Radio Galega dedicoulle unha hora enteira de emisión á campaña ‘bueno é galego’. O espazo, dirixido por María Xosé Rodríguez, contou coas opinións da lingüista Carme Hermida, top recruiter María Yáñez e a xornalista Antía Paz, que tamén asinou a favor do ‘bueno’, e os colaboradores do programa Cristina García e Luís Rial. Infelizmente, o alema só puido estar no programa vía mp3 e non en directo por un problema coa Internet no último momento. Bueno, velaquí o documento.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Velaquí o link do arquivo mp3, por se queredes descargar.

Dado que non puiden intervir no programa, gustaríame matizar algunhas cousas:

1- “Bueno” non é unha cuestión de ‘moda’. Úsase desde hai décadas e non hai posibilidade ningunha de que se elimine da fala a medio ou longo prazo. Hai que ser realistas coa lingua.

2- Concordo con Carme Hermida cando di que nós os galegos usamos máis o ‘bueno’ ca no castelán e tamén me gustou cando admitiu que a palabra pode acabar sendo recoñecida pola RAG se a xente segue usándoa. Niso estamos! Ninguén dubida da orixe castelá da palabra, pero galeguizámola e é nosa. Se ‘medrar’ é un castelanismo que acabou por super-galeguizarse, o mesmo acontecerá con bueno. ;-)

3-Outro argumento que se sacou é que a xente pode enguedellarse co uso de ‘bueno’ como adxectivo ou como interxección. Gustaríame dicir que hai outras palabras que se prestan a confusión como ’segredo’ (substantivo) vs. ’secreto’ (adxectivo) e non pasa nada. Non se pode sacrificar a oficialidade do ‘bueno’ porque a xente non controle a súa diferenciación co adxectivo. Bueno, iso é o que creo eu, vaia ;-) .

4- A cuestión de ‘bueno’ non só é prosódica. Bueno tamén ten usos semánticos distintos ao do castelán (e o caso de ‘bueno, carallo, bueno…!’ é paradigmático).

5- Abusar do ‘bueno’ é tan malo coma abusar de calquera outra palabra. Hai xente que emprega outros retrousos reiteradamente e tamén está mal.

6- María Yáñez for president! Veña! :D

7- Hai que conseguir o chifro da Carme para facer unha poxa e recadar fondos! :D

46 comments Novembro 30th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta