A RAG informa: ‘bricolaxe’ é mas-cu-li-no
Acabo de recibir un mail da RAG que confirma que ‘bricolaxe’ (ver post anterior ao respecto) é ben masculino… non se trataba de ningún erro do VOLG. A explicación que dá o departamento de Lexicografía da Real Academia é que ‘bricolaxe’ é un “galicismo de incorporación recente na lingua” e polo tanto “mantén o xénero da lingua de orixe”. Recordemos que en francés é le bricolage e non la bricolage. Así pois, está confirmado: traxe, paxe, personaxe, garaxe… e desde agora tamén bricolaxe son as excepcións á regra dos femininos en -axe. Bricoking non estaba enganado ![]()
24 comments Novembro 27th, 2008


