Herexía e sacrilexio:
As dúas caras de Carballo/Carvalho Calero
Levamos case seis meses xuntos e esta é a primeira vez que aparece o deus dos reintegratas neste humilde blog. Pois si, amiguiños. Agora que está tan de moda tirar de hemeroteca (mesmo ata a Idade Media) decídome a facer unha viaxe no tempo 20 anos para atrás. Cómpre retroceder ata o 1988 para descubrir con horror as dúas caras de Ricardo Carballo/Carvalho Calero nun documento arrepiante pero á vez moi clarificador.
O que lle pasa a Carballo/Carvalho Calero nesa entrevista é un fenómeno que lles acontece a moitos reintegratas. Porque… imos ver. Quen non viu algunha vez un reintegrata falar como deus manda ata que aparece outro reintegrata? Nese momento prodúcese unha especie de ataque de carvalhocalerite no que o individuo imbuido polo reintegracionismo pensa: “oh my god, nom (ou não) estou a ser avondo reintegracionista!” e troca a fala natural pola artificial, o ton de voz afable polo firme, o galeguismo tranquilo polo reintegracionismo militante, o -ión polo -om (ou polo -ão nos casos máis graves)…
Os ataques de carvalhocalerite son un síntoma máis da vixencia da lei de alema (”reintegracionismo chama sempre a máis reintegracionismo”) e só se curan tras a marcha do(s) interlocutor(es) reintegracionista(s). Só daquela, o individuo volve ao seu estado de relaxación normal.
16 comments Novembro 20th, 2008


