Ata os estranxeiros que falan luso-galego empregan con xeito o ‘bueno’
19/Novembro/2008
Cada día que pasa aparecen novas e máis contundentes probas que apoian a causa a prol da aceptación da interxección ‘bueno’ como plenamente galega. Veñen de todos os recunchos, dos lugares máis afastados… Ata os que chegan ata o noso idioma procedentes da lusofonía absorben de golpe a galeguidade do ‘bueno’. Non é conmovedor?
Este xornalista, chamado Patrick Gerassi, non pode sintetizar mellor a nosa ideosincrasia. Con que narices pode rexeitarse a galeguidade dese ‘bueno’? Imposible.
Sexa como for, aquí vos deixo exemplos de varios VIPs que empregan o ‘bueno’ na súa vida pública e privada. Ninguén escapa…!
Por certo: a campaña do ‘bueno’ vai de marabilla en Facebook (causes.com/bueno). O número de adhesións non para de crecer… esta noite de mércores, só 5 días despois da súa posta en marcha, xa hai máis persoas que queren que o ‘bueno’ sexa galego que días ten o ano… Entre todos, incluídos varios VIPs que xa asinaron, lograremos a legalización de ‘bueno’… porque ‘bueno’ é galego.
Artigo gardado en: lingua, reintegratas



5 comentarios Deixa o teu comentario
1. llik | 20/Novembro/2008 at 0:29
Bueno, é un bó achádego xD
2. one2 | 20/Novembro/2008 at 0:40
a verdade é que a mim nom me merece moita credibilidade alguém que di que fala «luso-galego»
3. alema | 20/Novembro/2008 at 0:46
#2 xa empezamos

4. Gerardinho2000 | 20/Novembro/2008 at 9:32
5. xOsse | 20/Novembro/2008 at 10:12
Pois bueno… se insistes!
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS