Arquivo de 18 Novembro 2008

A norma AGAL empeza a pasar de moda e prevense guerras fraticidas reintegratas

A norma AGAL, toda unha referencia para o reintegracionismo durante anos, está en horas baixas. O nacemento da Academia Galega da Língua Portuguesa e aparición de novas voces que critican abertamente a non asunción do português padrão para o galego fan prever un aumento das hostilidades entre as distintas familias do reintegracionismo, un movemento minoritario que segue sen poñerse de acordo para presentar unha única proposta ortográfica para o noso idioma.

O último en cuestionar abertamente a utilidade na norma AGAL é o sociolingüista Celso Álvarez (sic) Cáccamo nunha entrevista ao portal galizalivre.org, e que vén confirmar plenamente a vixencia da lei de alema (recordemos: “reintegracionismo chama sempre a máis reintegracionismo“). Nesa conversa, o señor Álvarez Cáccamo critica as “innecesarias particularidades” da norma AGAL, cando recomenda utilizar por exemplo as terminacións en -om ou o artigo umha fronte ao portugués padrão -ão ou uma. E ata chega a comparar a norma AGAL coa RAG ao asegurar que mesmo comparten argumentos.

O outro argumento que empregam os defesores da proposta AGAL, idêntico ao do independentismo que utiliza a norma RAG, é que a gente não se “identifica” com a norma portuguesa unificada. Bom, eu penso que a gente também não se “identifica” nem com as outras normas, porque, à partida, não se identifica com que o seu galego oral deva ser escrito na sociedade galega moderna (com todas as consequências), quando para termos uma Língua (uma Lengua) já existe o español (sic).

Estas declaracións de Celso Álvarez Cáccamo, en plena sintonía coas do profesor José Luis Fontenla (que chegou a dicir da norma AGAL que é “portunhol 2″), e a cualificación do galego como “lingua portuguesa” por parte da AGLP non fan máis que constatar o avance do lusismo máis extreme dentro do reintegracionismo. Son de prever, pois, cada vez máis acusacións de “pro-españolismo” entre membros e correntes do propio movemento. Os partidarios do português padrão aumentarán a súa ofensiva con argumentos parecidos aos que se empregan para criticar a norma ILG-RAG para gañar máis adeptos ás súas teses.

E, ante este panorma, que vai facer a AGAL? Quedará cruzada de brazos ante estas acusacións? Permitirá que a súa norma pase de moda ou que sexa cualificada de “portunhol” ou pro-españolista? Todo parece indicar que non. Todo apunta a que os próximos meses van ser escenario dunha dura batalla polo poder no seo do reintegracionismo. Porque, sexamos claros, co nacemento da AGLP… Quen vai mandar máis? Quen vai ser a referencia entre os reintegracionistas? As loitas fratricidas non fixeron máis que comezar.

Seguiremos informando.

30 comments Novembro 18th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta