Arquivo de 14 Novembro 2008

A campaña ‘bueno é galego’
arrasa en Facebook

Teño o pracer de anunciarvos que a rede social Facebook está respondendo moi favorablemente á campaña ‘bueno é galego’, coa que se pretenden conseguir apoios para lograr que a RAG acepte dunha vez a interxección “bueno”. A campaña sumou en arredor de 24 horas máis de 100 sinaturas e segue medrando…! Se aínda non asinaches (se non estás en Facebook, anímate a darte de alta, que leva ben pouco tempo), podes facelo aquí:

http://causes.com/bueno

Como xa vos anunciei, o tema do ‘bueno’ non está morto. E esta é só a primeira iniciativa a grande escala que imos levar a cabo para conseguir o noso obxectivo. As próximas xa volas iremos comunicando cando proceda.

Graciñas polo voso apoio e non temades… Xuntos, habémolo conseguir! Bueno é galego!

53 comments Novembro 14th, 2008

Urxente: alema pregunta a Anxo Quintana sobre o reintegracionismo (responderá?)

O Osiño Gominola coouse na web quin.tv para preguntarlle a Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta e voceiro nacional do BNG, sobre o reintegracionismo. Responderá algo non politicamente correcto?

Meu deus! Que nervios!

Esta é a ligazón da pregunta en vídeo: http://quin.tv/video/117-o-reintegracionismo

6 comments Novembro 14th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta