Arquivo de 12 Novembro 2008

Ugio é libre…
para deixar de ser Uxío

Coincidindo coa posta en liberdade de Ugio Caamanho, chéganme informacións de que Ugio segue sendo Uxío na súa documentación oficial. Uxío Caamaño, con X e con Ñ, para sermos máis exactos. Uxío Caamaño Santiso e non Ugio Caamanho Sam Tisso (ou Sam-Tisso), como adoita ser identificado en moitos foros. E francamente foi algo que me chamou a atención.  E digo eu… Como non fixo nada por mudar oficialmente de nome, se teoricamente é posible facelo en España? Misterios da vida. Como misterio é tamén a denominación “oficial” de Giana, a que reparte bicos na foto… porque parece que ninguén se pon de acordo co nome desta rapaza. Uns din Giana, outros Xiana, outros Jiana… En que quedamos? O DNI dela, polo que me contan, creo que di Xiana, con X.

O que si é que é paradoxal de todo é que, como xa recordei nun post anterior, os máis famosos presos (xa ex-presos) independentistas galegos non poderían inscribirse nin como Ugio nin como Giana en ningún rexistro civil de Portugal… porque, a pesar de que é algo do que non se fala moito, hai unha chea de nomes galegos que non están aceptados pola lusofonía, nin sequera coa grafía reintegracionista. E por aí debería empezar a traballar a Academia Gran-Deturpadora Galega da Língua Portuguesa. Por exemplo.

Por último, quixera deixar algunhas preguntas no aire:
1- Por que Sam Tisso ou Sam-Tisso? Que santo é Tisso? Por que Tisso e non Tizo, Tiso ou Tiço? Tiço queda así, como máis “queque”, non? En todo caso, non tería que ser Santo Tirso? En Portugal hai un sitio que se chama así.
2- Non debería de ser Joana en vez de Giana? É que non encontro ningún nome equivalante na lusofonía… É que, segundo acabo de comprobar, nin Giana nin Jiana nin Jiã son válidos. Joaninha si que sería, por certo. E tamén Juliana. E tamén Julita!!! Julita mola mil.
3- Por que se no DNI de Giana/Xiana aparecen supostamente os apelidos Rodríguez Gómez… e se a terminación -ez é supostamente aceptada polos reintegratas… Por que todo o seu contorno escribe “Rodrigues Gomes”?

Son preguntas que seguramente non terán unha única resposta certa, porque xa sabemos que poden ser respondidas en función do grao de reintegracionismo do consumidor. O de sempre.

43 comments Novembro 12th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta