Ryanair [Rallan-er]: No Galician no Portuguese and Catalan before Spanish
En solidariedade cos pobriños aos que Ryanair [Rallan-er] deixou tirados en Ciampino, hoxe voulle tirar das orellas á compañía de voos baratos. E é que esta empresa pasa olimpicamente do galego… e do portugués… a pesar de que opera en aeroportos galegos (Santiago de Compostela) e portugueses (O Porto e Faro). O colmo dos colmos é que podes seleccionar como país Portugal, pero o idioma que ten para el é o ingles internacional de Inglaterra! Iso si que me parece forte, forte. Sobre todo, cando existe a opción de escoller catalán internacional de Cataluña elixindo como país España. Demasié.
E digo eu… Manda carallo! Que estea o catalán antes ca o portugués, que é unha lingua oficial na Unión Europea e propia dun estado feito e dereito! E pregúntome. A que se lle pode atribuír iso? Á (gran) capacidade de presión dos cataláns? A que galegos e portugueses somos uns miñaxoias e que non protestamos como é debido? Que está pasando? Como é que ninguén fixo nada?
Pero a traca final está por chegar. Na web de Ryanair non só non está presente nin o galego nin o portugués, é que o catalán esta por diante (enriba) do castelán nalgunhas páxinas, como a que informa que petou o sistema de reservas. Podes clicar na imaxe de abaixo un par de veces para comprobalo.
Flipo en cores. Non nos teñen respecto nin consideración e creo eu que algo haberá que facer, que tampouco é tan difícil traducir catro chuminadas! ![]()
4 comments Novembro 11th, 2008



