O autor da primeira gramática do galego en galego xa debía estar ‘ata os tomates’ dunha incipiente reintegratada
Hoxe ocorréuseme botarlle unha ollada á ‘Gramática do Idioma Galego’ que elaborou Manuel Lugrís Freire entre 1922 e 1931, e que por certo podedes consultar íntegra aquí. É un manual que propón solucións bastante “pintorescas” para a nosa lingua, aínda que hai que darlle o mérito que ten: o señor Lugrís foi o primeiro que escribiu unha gramática do galego en galego. E unha das cousas que máis me chamou a atención é que xa por aquel tempo debía andar unha incipiente reintegratada tocando os tomates
. E senón fixádevos neste parágrafo, no que fala das terminacións -ble/-bre/-bel.

E xa sei o que ides dicir. Que se a RAG admite actualmente a terminación -bel (aínda que non é a opción preferente), que se Lugrís Freire metía moitas patadas, castelanismos, hiperenxebrismos, etc (que si que o facía)… Pero non me negaredes que se nota que ao pobre home xa lle amolaban, hai 85 anos, os “innovadores que deixan as augas galegas pol-as estranas“. Non vos parece curioso? A min si. Será esta a primeira mostra de discrepancia ao reintegracionismo nas nosas letras?
Bueno… Eu non vos son un experto en literatura galega, así que se coñecedes outros documentos antigos que falen de loitas normativistas pero desde o punto de vista do oficialismo, facédemo saber. Que as frases supostamente pro-reintegratas de Murguía, Castelao, etc. xa as sabemos de memoria.
Por certo: no caso de Lugrís Freire non se sustenta a teoría de que os escritores “clásicos” do galego non tiñan nin puta idea do portugués. Fixádevos que na bibliografía desa primeira gramática galega en galego aparecen varios títulos sobre lingua portuguesa. Ah! E outra cousa. O manual de Lugrís, que foi presidente da RAG, fai constantes referencias á necesidade de respectar o legado dos primeiros escritores en galego tras os Séculos Escuros. De aí, penso, que lle mosquearan tanto as propostas dos ‘innovadores’. ![]()
17 comments Novembro 10th, 2008


