Arquivo de 9 Novembro 2008

A RAE admite ‘USB’ e ‘pen drive’… A que c*** espera a RAG para aceptar ‘bueno’?!

A Real Academia Española acaba de demostrar unha vez máis que está á altura da sociedade que fala en castelán ao deixarse de purismos estúpidos e admitir no seu dicionario dúas palabras tan pouco hispanas como son USB e pen drive, aínda que esta último termo aparecerá en cursiva por tratarse dun “anglicismo puro” (”…e duro”, diría eu). A RAE mostra intelixencia. Tería sentido andar inventado un posible equivalente para algo que xa está implantado na sociedade? Pois claro que non! E xa vedes… o español non creba pola aceptación deses dous estranxeirismos, que por certo non son os únicos que se admiten no dicionario da Real Academia Española.

Esta noticia, aparecida con profusión nos medios de comunicación, non fai máis que constatar a necesidade de que os reguladores da lingua estean ao servizo da sociedade. Ou alguén cre que a lingua española é menos española por incluír palabras como ‘USB’ ou pen drive? Pois claro que non. Do mesmo xeito que o galego non será menos galego cando o dicionario da Real Academia Galega inclúa a interxección ‘bueno’, algo que esperamos que suceda o antes posible. O asunto [se non tes nin idea da cuestión mira isto, lendo os artigos de abaixo arriba] leva algún tempo aparcado, pero en absoluto está morto.

Xa pasaron catro meses desde que o secretario da RAG nos confirmou que a institución académica estudaría a inclusión da interxección ‘bueno’ no seu dicionario e se non hai noticias en breve os promotores desta iniciativa levaremos a cabo accións máis contundentes para que se escoite a voz dos galegofalantes sen complexos.

Ah! E outra cousa. Hai xente do mundo do reintegracionismo que espera con forza que sexa aceptada a interxección ‘bueno’ pola RAG porque, segundo din, quedaría demostrada unha suposta vinculación da oficialidade co españolismo. Que enganadiños están! Eles, os reintegracionistas, se fosen un pouco intelixentes e se realmente queixesen estar presentes na sociedade, deberían de admitir que é imposible erradicar a interxección ‘bueno’ do galego. Totalmente imposible. Demóstrao a teoría e a práctica. Pero, claro, xa sabemos que o reintegracionismo promove unha lingua totalmente de costas á sociedade galega. Alá eles. Nós continuaremos coa nosa loita. Bueno é galego!

55 comments Novembro 9th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta