Arquivo de 8 Novembro 2008

O reintegrata soa… así de natural

Hoxe toca lección de galego oral para reintegratas by alema. O obxectivo desta unidade é demostrar claramente o artificial que soa o galego cando se forza a máquina do lusismo. O audio que podedes escoitar a continuación é un exemplo do que se afasta o reintegracionismo do verdadeiro galego oral. Así de natural soa o AGALino coa acentuación de certas palabras.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

É a lectura (con seseo do que lles gusta aos reintegratas) do seguinte texto.

Eu achava que tinha alopecia, mas nom. Sou ope. E sintoma disso é esta anedota. Nom sei se é anorexia ou anemia, o caso é que sinto uma arritmia que me dá asfixia. Provei com alquimia e analgesia e mesmo a banhar-me no oceano e no pántano da periferia… mas tinham pouco vel de oxinio. Chamei à pocia, mas apesar de ser poligloto, nom percebo a ideossincrasia nem de Etiópia nem de Madagáscar. Sou meocre e pouco democrata. Nom acredito nem na democracia, nem na burocracia, nem no riplo da diplomacia. Sou díspar e acrobata, tenho pouco vel, mas quigera ser Cleôpatra para receber um crisántemo. Que taquicardia! Tenho um íman com a ortodoxia

A que mola mogollón? Imaxinades algún reintegrata dicindo algunha destas frases coa súa familia, amigos, etc.? Pensades realmente que se pode falar con naturalidade así? Como se ve, o reintegrata oral é pura cuestión de fe.

Por certo: estas palabras tan estrañas foron sacadas dun “Manual de iniciaçom à língua galega” dun tal Maurício Castro Lôpez (non Lopes, por certo) e que ultimamente anda rulando pola internet. Aquí xa falamos nalgunha ocasión de como o reintegracionismo se identifica inequivocamente cunha determinada ideoloxía política… e sen esa ideoloxía non vai a ningún lado. Proba diso é a portada do propio manual.

Demostrado: os pijos non poden (non podemos) ser reintegratas.

38 comments Novembro 8th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta