Que é peor? Recibir unha carta en galego con faltas ou recibila en castelán?
Isto é o conto da botella medio chea ou medio baleira. Pode verse desde distintos puntos de vista. O caso é que acabo de recibir unha carta dunha importante compañía de servizos con sede fóra de Galicia que non ten desperdicio… pola cantidade de faltas que ten en galego! Supoño que eles quixeron ser amables respondendo na lingua na que eu me puxen en contacto con eles. Pero penseino friamente… Non dá peor imaxe unha carta tan mal escrita ca se esa mesma carta viñese en castelán?
Aquí tedes a carta en cuestión. Recibina só 24 horas despois de queixarme vía correo electrónico polo atraso na execución dun traballo e baixo ameaza de darme de baixa do servizo. Subliñei as partes en castelán e os erros.
Por la presente le comunicamos que su solicitud ha sido atendida
En resposta a sua solicitude, pasamos o departamento que correspón unha reclamación para que se poñan en contacto con vostede o máis rápido posible e solventar a incidencia da sua instalación de [servizo] o nº de referencia da reclamación cá que vostede poderá chamar a atención o cliente e preguntar como esta a sua gestión e [xxxxxx], indicando a agente iste nº de reclamación facilitaranlle calquera información que solicite.
Por favor, no responda a este correo; si desea ponerse en contacto con nuestro Servicio de Atención al Cliente online, le agradecemos complete el formulario que encontrará a su disposición en [web]
Reciba un cordial saludo.
E eu, ante esta chapuza epistolar, que teño que facer? Alegrarme por que se dignaron polo menos a intentar responder en galego? Ou cabrearme aínda máis do que estaba pola mala calidade do servizo? Supoño que será unha cuestión de optimismo ou pesimismo… pero pensádeo friamente. Se eu recibise esta carta en español internacional de España ou en castelán internacional de Castela se cadra non estariamos hoxe falando deste tema. Pero, por outro lado, hai cousas que danan a vista.
Así que, nada… tócavos opinar a vós… mediante a seguinte enquisa [dedicada a Llik] e/ou a través dos comentarios…
——————————————–
PD Nótese que algunhas das faltas de ortografía cometidas na carta non son gralhas en galego AGAL
(sua ou agente, por exemplo). Sería reintegrata quen a redactou? ![]()
36 comments Novembro 6th, 2008


