Arquivo de 5 Novembro 2008

Cando a letra ‘o’ soa a ‘u’

Todas as linguas teñen o seu estándar oral “culto” (por chamalo dalgunha maneira) e o galego non é nin pode ser unha excepción. O portugués ten ese rexistro desde hai moitos séculos… cousa da que nós, infelizmente, non podemos presumir. Estase creando un modelo de lingua galega oral culta que me trae á cabeza algunhas dúbidas. Hoxe, se vos parece, imos falar dunha delas: cando a letra ‘o’ soa a ‘u’.

Explícome. Un portugués, a pesar de escribir por exemplo “os patos”, sempre lerá “us patus” (ou mellor aínda “ush patush” ou /uʃ ‘patuʃ/)… Pronunciar a vogal final “o” como “u” está institucionalizado no português padrão culto. Pero, pola contra, no galego non acontece o mesmo. É moi normal que na fala da xente (no galego do “pueblo”, categoría 2 da escala de alema) exista tamén esa tendencia. É dicir, a xente di “os patos” pero tamén hai quen di “us patus” ou que, polo menos, tende a pechar tanto ese “o” que o converte practicamente nun “u”.

Pola contra, no galego oral “culto” esas letras -o finais sempre se pronuncian coma “o” e non coma “u”. E as preguntas que lanzo ao aire son as seguintes. Estaría ben potenciar esa característica do galego oral da rúa (que non sempre se dá, por certo) no galego oral culto? Debería tender a pronunciarse “u” en vez de “o” nos rexistros non coloquiais da lingua? Por que non se fixo? Por que non se fai? Debería de facerse? E postos a preguntar… Que postura ten o reintegracionismo arredor disto?

Eu, sinceramente, non teño unha opinión moi formada ao respecto e gustaríame coñecer as vosas impresións para discutilas un pouco entre todos… A pronuncia correcta do o- final debe ser ou tender “á portuguesa”, é dicir, a transformar ese -o escrito nun “-u” falado? Espero os vosos comentarios (ou debería dicir “kumentárius? ;-) ). Graciñas.

21 comments Novembro 5th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta