O acento grave en portugués, un signo ortográfico totalmente prescindible
Cando un aprende portugués, achégase ao mundo marabilloso dos acentos: hainos agudos (´), hainos circunflexos (^), hai tiles de nasalidade (~) e tamén acentos graves (`)… estes últimos, os máis prescindibles de todos. E se son inútiles en portugués, imaxinen no galego!

En portugués, o acento grave só se utiliza para unha cousa: para marcar a contracción (ou crase) da preposición a co artigo a (ou as) ou cos demostrativos aquele(s), aquela(s) e aquilo. Para máis nada. Acabou aquí a regra do acento grave.
E digo eu, para esa nimiedade… Paga a pena habituarse a un novo tipo de acento? Paga a pena introducir ese signo ortográfico para un uso tan reducido? Eu creo que non. E considero tamén que os que crearon a normativa actual do galego fixeron ben en non ‘copialo’. Para que?
É moito máis simple escribir “vou á praia” que “vou à praia” e non digamos “vou a aquel prado” que “vou àquele prado“. O acento agudo (´) en portugués xa marca unha maior apertura vocálica (prédio)… Non sería logo máis “económico”, máis “simple” para o propio o portugués suprimir o acento grave?
Anda, mira… Os da Academia Galega da Língua Portuguesa poderían presentar unha proposta neste sentido para o próximo acordo ortográfico. ![]()
35 comments Novembro 4th, 2008


