Arquivo de 2 Novembro 2008

A solución do misterio de Shin Chan:
Velaquí a letra íntegra correcta da sintonía

Xa está aquí a solución ao grande misterio que vos propuxen no post de onte. A sintonía de Shin Chan xera moitas dúbidas, como se puido apreciar onte polos vosos comentarios. Houbo moitas propostas para completar a frase “Shinnosuke é un bule-bule para enredar e…”: “dechotar”, “rechoutar”, “el éche o tal”, “el é total”… Pero só hai unha correcta e é a que aparece no seguinte vídeo.


Pois si, a frase gañadora é “el éche o tal”. Felicidades aos vencedores! :D . Como auténtico shinchanmaniático e feitas innumerables comprobacións, pódovos certificar que é iso o que di a canción. O curioso do asunto é que se consultas no dicionario non che conta que a palabra “tal” pode ser empregado con ese sentido (”para enredar el éche o tal” = “el éche o idóneo para enredar”). Unha vez máis, unha boa tradución, unha boa dobraxe convértese nun instrumento ideal para enriquecer o galego.

Polo tanto, a letra completa e correcta da sintonía de Shin Chan é así (en ningunha outra páxina da internet ides encontrala correctamente… non sempre hai que fiarse do google! ;-) )

One, two, three, ha!
Sonche falangueiro (falandeiro), descarado, algo larpeiro (bo larpeiro)
Deixo a todos quedar mal
Sinnosuke é un bule-bule
Para enredar el éche o tal (el é total / e rechoutar / e dechotar)
Shinnosuke!
Cando hai que conquistar
Aí si que non teño par
E facendo as beiras son moi lanzado e picarón
Come on baby, come on baby
Os pementos que noxo dan!
Mira que trompa, que cacho trompa
Trompa, trompa!
E todos saben que son Shin Chan
Shinnosuke!
Medo ten a xente cando me ve de repente
Non se vai zafar ninguén
Se quedas comigo ímolo pasar moi ben e…
Verás que eu son especial

Así que xa sabedes…

19 comments Novembro 2nd, 2008


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta