Grandes misterios da galeguidade:
Shinnosuke é un bule-bule para enredar… e que máis?
A canción de apertura de Shin Chan ten un furado, un gran misterio por resolver. En concreto, trátase de descubrir que raio din no verso de “Shinnosuke é un bule-bule para enredar e… ¿?”. Unha vez resolta esa dúbida, a letra da canción quedará completada de todo.
One, two, three, ha!
Sonche falangueiro, descarado, algo larpeiro
Deixo a todos quedar malSinnosuke é un bulebule para enredar e ¿¿??.
Shinnosuke!
Cando hai que conquistar, aí si que non teño par
E facendo as beiras son moi lanzado e picarón
Come on baby, come on baby
Os pementos que noxo dan!
Mira que trompa, que cacho trompa
Trompa, trompa!
E todos saben que son Shin Chan
Medo ten a xente cando me ve de repente
Non se vai zafar ninguén
Se quedas comigo ímolo pasar moi ben e…
Verás que eu son especial
Espero as vosas respostas ![]()
29 comments Novembro 1st, 2008


