‘Paris for president’
[Versión galega - Galician version]

30/Outubro/2008

Aquí está a versión en galego (lembrade de ter os subtítulos activados) da nova canción de Paris HiltonParis for president. Queda constancia de que a excéntrica ex-herdeira multimillonaria ten ideas moi progresistas, algunhas aínda máis á esquerda ca as do propio Barack Obama.

Eis a versión en galego internacional de Galicia.

Paris presidenta!
No Palms gozando dun Martini
Paris presidenta!
A túa comandante en biquini
Cando che falen da miña política
para eliminar a envexa dos EUA,
incentivar a non proliferación nuclear
e ratificar Kyoto xa
poderás vir na miña comitiva
no meu híbrido e rosa [Cadillac] Escalade
Paris presidenta!
Fóra cos vellos clixés
Paris presidenta!
Poderás casar se es hetero ou gay
Se lle vas pintar os labios a un porco
mira ben que a sombra combine co ton da pel
Confía no meu dedo no botón
e nada de palabras tristes
Co gabinete hei negociar un paseo ao armario, hey!
Paris presidenta!
América debería poñerme ao mando
Paris presidenta!
Visto Bush, non debe ser tan difícil
Simon Cowell pode ser unha axuda
E se un dos xuíces espicha
heino colocar no Supremo
Hei pintar a Casa Branca de rosa
mentres penso nunha escapada a Maui
Paris presidenta!
Defensora da enerxía do aire puro
Paris presidenta!
Unha boa inconformista en [Washington] DC
O afogamento simulado é unha forma de tortura
e o quecemento global non mola
Crearei un departamento de policía de moda
e arranxarei a economía cos novos empregos
Á Estatua da Liberdade vestireina de Donna, Tommy e Calvin Klein
Paris presidenta!
Move o cuíño e vai votar
Paris presidenta!
ofrecendo consellos de beleza e esperanza
Paris presidenta!
Son Paris Hilton e doulle o visto e prace a esta mensaxe

E esta é a letra en inglés internacional dos USA.

Paris For President
At the Palms chillin’ with the martini
Paris For President
Your commander in bikini
When they tell you ’bout my policies
To stop the player hating on the USA
Incentivize Nuclear Non-Proliferation
And ratify Kyoto today
You can ride in the motorcade,
In my hybrid, pink, Escalade, Hey!
Paris For President
Not another oldie cliche
Paris For President
You can get married if you’re straight or if you’re gay
If youre gonna put lipstick on a pig,
Make sure that shade matches the skin-tone
You can trust me with my finger on the button
Nucular (Bush voice) a sad vocabulary don’t!
Trading in the cabinet for a walk, in, closet Hey!
Paris For President
America should put me in charge
Paris For President
Look at Bush it cant be that hard
Simon Cowell he might be a little mean
But when one of the judges kicks the bucket
I’ll put him on the Court Supreme
Then I’ll paint the white house pink
And look into a trip to Maui
Paris for President
A proponent of clean air energy
Paris for President
The real Maverick in D.C.
Water boarding is torture and
Global warming is totally not hot
I’ll make a department called the fashion police
And fix the economy with all of the new jobs
Makeover Lady Liberty in Donna, Tommy & Calvin Klein, Hey!
Paris for President
Get your cute little butt out there and vote
Paris for President
Dispensing beauty tips, and hope
Paris for President (repeats)
I’m Paris Hilton and I approve this message.

Artigo gardado en: audiovisual, fricadas, humor, lingua

9 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. Gerardinho2000  |  30/Outubro/2008 at 11:19

    Estás mui flipao, neninho :D

    A Paris Hilton só sabe fazer bem duas cousas. A primeira é gastar o dinheiro. A segunda não é apta para horários infantis e webs para todos os públicos :D

  • 2. alema  |  30/Outubro/2008 at 11:21

    :grin: :lol: pois a min ten algo… non sei… cáeme ben esta tipa… :D :lol:

  • 3. lurinha  |  30/Outubro/2008 at 11:41

    Não tenho o prazer de conhecer a Paris Hilton e ao que dim os meios de comunicaçom das massas de gente, que nom de empanada, nom lhe dou creto nemhum.
    Mas…Ao meu parecer, e polo que se ve no video, essa mulher é umha que tem cartos a feixes, nom tem nada que fazer e tem gana de se entreter um pouco.
    Eu nom vejo mais nada.
    O de que para você tem algo…non sei…Pode que nom seja tão difícil de saber :) . Só digo pode :D
    Que conste que agradezo o seu esforço por nos ter sempre informados de temas tão variados.

  • 4. llik  |  31/Outubro/2008 at 19:39

    Obama non é de esquerdas…

    E a min non se me ven os subtitulos… ten algo que ver con navegar con Windows¿

  • 5. alema  |  31/Outubro/2008 at 19:42

    os subtítulos actívanse no recadro inferior dereito do recadro do youtube :)

    proba se queres tamén desde a páxina de youtube
    http://br.youtube.com/watch?v=_jRvKrdATIA

    hai subtítulos en galego internacional de Galicia e en inglés internacional dos USA :D

  • 6. moinante  |  31/Outubro/2008 at 20:42

    que ideas se lle ocorren. Simplemente me queda sacarme o sombreiro ante os vídeos que pon no seu blog e que traduce ao galego. Aínda que o meu preferido é o do osiño gominola :D

    e en canto á Paris Hilton, sería un pouco cortiña, pero é unha máquina de facer cartos. Co tempo eu creo que o ten todo moi ben estudado:

    http://www.elmundo.es/suplementos/magazine/2006/357/1153929009.html

  • 7. alema  |  31/Outubro/2008 at 20:56

    #6 é unha tipa curiosa…

    por certo. vostedes non cren que é fundamental que teñamos unha equivalente a Paris Hilton en Galicia? para min si :D

    we want a Galician Paris Hilton right now!

  • 8. lurinha  |  1/Novembro/2008 at 11:03

    Polo Santo Cristo De Fisterra, senhor alema!
    Deixe a essa gentinha onde está, que é o seu espaço natural.
    Nós somos periféricos, marginais, aorroutados e retranqueiros.
    Mil veces milhor do que a Paris Hilton conheço eu moças da minha vila. E nom som plasticosas nem com cara de boneca Barbie.
    Você já sei o que tem.
    Gostaria ser o Ken, nom si?
    Pois tem a Paula Vazquez, que bebe Marqués de Vizhoja, ou a Silvia Jato, guapa de verdade, ou a aquela morena guapíssima que andou co Colate esse e puxo-lhe um preito: Patricia…Nom sei que.
    Ou a Yolanda Castaño, que é isola como você e tem tanta impostura como a Paris Hilton, se nom tem mais.
    Ainda que eu nom comparto a sua actitude, acredito em que você sim. E todas elas, som mais naturais e fermosas do que é Paris Hilton. Puafff!!!!!

  • 9. alema  |  1/Novembro/2008 at 11:30

    #8 de todo canto dixo, ten razón nunha cousa: quero ser ken :D

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta