Arquivo de 30 Outubro 2008

O deputado do BNG Bieito Lobeira, reintegracionista “fóra das cámaras”?

O deputado do BNG Bieito Lobeira podería ser reintegracionista “no seu día a día” a pesar de que en actos públicos utiliza a norma ILG-RAG, segundo se informa este xoves en madeiradeuz.org citando fontes de “absoluta solvencia moi próximas” ao propio dirixente nacionalista. É máis, segundo esas mesmas fontes, Lobeira emprega como lingua escrita de traballo o chamado “português padrão“, a modalidade máis lusista dentro do reintegracionismo.

Ante estas revelacións, tanto desde madeiradeuz.org como desde alema.org intentouse contactar en diversas ocasións co deputado nacionalista, non só para que confirmase ou desmentise o suposto uso que fai do reintegracionismo “na intimidade”, senón tamén para que aclarase a postura oficial do BNG ante, por exemplo, a posta en marcha de entidades como a Academia Galega da Língua Portuguesa. En ningún caso houbo resposta por parte do parlamentario do Bloque.

As fontes que cita madeiradeuz.org, que prefiren quedar no anonimato, insisten na veracidade da dobre opción normativa de Lobeira, a pesar de que oficialmente non “saíu do armario”. De seren certas estas informacións, estariamos ante o primeiro caso de ‘outing -facer público o reintegracionismo de alguén sen o seu consentimento- acontecido en Galicia.

A noticia de madeiradeuz.org podes vela aquí.

9 comments Outubro 30th, 2008

‘Paris for president’
[Versión galega - Galician version]

Aquí está a versión en galego (lembrade de ter os subtítulos activados) da nova canción de Paris HiltonParis for president. Queda constancia de que a excéntrica ex-herdeira multimillonaria ten ideas moi progresistas, algunhas aínda máis á esquerda ca as do propio Barack Obama.

Eis a versión en galego internacional de Galicia.

Paris presidenta!
No Palms gozando dun Martini
Paris presidenta!
A túa comandante en biquini
Cando che falen da miña política
para eliminar a envexa dos EUA,
incentivar a non proliferación nuclear
e ratificar Kyoto xa
poderás vir na miña comitiva
no meu híbrido e rosa [Cadillac] Escalade
Paris presidenta!
Fóra cos vellos clixés
Paris presidenta!
Poderás casar se es hetero ou gay
Se lle vas pintar os labios a un porco
mira ben que a sombra combine co ton da pel
Confía no meu dedo no botón
e nada de palabras tristes
Co gabinete hei negociar un paseo ao armario, hey!
Paris presidenta!
América debería poñerme ao mando
Paris presidenta!
Visto Bush, non debe ser tan difícil
Simon Cowell pode ser unha axuda
E se un dos xuíces espicha
heino colocar no Supremo
Hei pintar a Casa Branca de rosa
mentres penso nunha escapada a Maui
Paris presidenta!
Defensora da enerxía do aire puro
Paris presidenta!
Unha boa inconformista en [Washington] DC
O afogamento simulado é unha forma de tortura
e o quecemento global non mola
Crearei un departamento de policía de moda
e arranxarei a economía cos novos empregos
Á Estatua da Liberdade vestireina de Donna, Tommy e Calvin Klein
Paris presidenta!
Move o cuíño e vai votar
Paris presidenta!
ofrecendo consellos de beleza e esperanza
Paris presidenta!
Son Paris Hilton e doulle o visto e prace a esta mensaxe

E esta é a letra en inglés internacional dos USA.

Paris For President
At the Palms chillin’ with the martini
Paris For President
Your commander in bikini
When they tell you ’bout my policies
To stop the player hating on the USA
Incentivize Nuclear Non-Proliferation
And ratify Kyoto today
You can ride in the motorcade,
In my hybrid, pink, Escalade, Hey!
Paris For President
Not another oldie cliche
Paris For President
You can get married if you’re straight or if you’re gay
If youre gonna put lipstick on a pig,
Make sure that shade matches the skin-tone
You can trust me with my finger on the button
Nucular (Bush voice) a sad vocabulary don’t!
Trading in the cabinet for a walk, in, closet Hey!
Paris For President
America should put me in charge
Paris For President
Look at Bush it cant be that hard
Simon Cowell he might be a little mean
But when one of the judges kicks the bucket
I’ll put him on the Court Supreme
Then I’ll paint the white house pink
And look into a trip to Maui
Paris for President
A proponent of clean air energy
Paris for President
The real Maverick in D.C.
Water boarding is torture and
Global warming is totally not hot
I’ll make a department called the fashion police
And fix the economy with all of the new jobs
Makeover Lady Liberty in Donna, Tommy & Calvin Klein, Hey!
Paris for President
Get your cute little butt out there and vote
Paris for President
Dispensing beauty tips, and hope
Paris for President (repeats)
I’m Paris Hilton and I approve this message.

9 comments Outubro 30th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta