Chuza!, ferida de morte?

27/Outubro/2008

Asisto con impotencia e bastante pena ao declive do que para min era un dos inventos máis guais que hai na rede. Chuza! é a miña terra (alí foi onde naceu alema) e é por iso que me doe máis no que se converteu. Nun principio, era un lugar máis para compartir e promover noticias, pero a cousa derivou nun cúmulo de despropósitos que escorrenta a calquera minimamente moderado e non só iso: tamén proxecta por veces unha imaxe nefasta da rede galega.

Para triunfar en Chuza! non se necesita moito: temas lingüísticos (a ser posible favorables ao reintegracionismo) e políticos (case sempre as ideas que defenden grupos nada representativos da sociedade galega ou directamente soberanistas) aderezados de certas doses de lercheo-que-non-ofenda (menos mal) e obviamente nada que poida cheirar de lonxe ao que algúns cualifican de “españolismo” (como comentar a operación de fociño da Letizia). Chega un tempiño relativamente curto para percibir cales son as noticias que son do gusto do “público” chuceiro… Fóra da “liña editorial predominante”, as posibilidades de éxito son poucas.

Este panorama pouco plural en Chuza! está provocando que nos últimos tempos sexan bastantes os usuarios que deixan de pasar por alí… A xente cunha mínima moderación acaba sentíndose excluída do invento ou, mellor dito, non se ve representada nel, o que é aínda peor. As noticias vótanse case sempre non en función do seu interese senón de quen as envía, hai grupos clarísimos de poder que funcionan coordinadamente e os temas repítense unha e outra vez.

Pois iso mesmo é o que ve a xente que entra en Chuza! Unha comunidade cada vez máis radicalizada, máis batasunizada, máis reitegrata pero en plan chungo,… en fin. Que a única rede social de promoción de noticias en galego reflicte tamén unha imaxe bastante distorsionada do idioma e ata do país. Ou é que todos os internautas galegofalantes responden ao perfil prototípico chuceiro? Disque non hai peor cousa para a normalización dun idioma que asocialo a unha ideoloxía determinada… imaxinen os efectos que pode traer por riba que esa ideoloxía sexa radical e sectaria..

Estou de acordo con Cesare e con outros que xa nin perden o tempo en dar explicacións. Grupos e ideoloxías extremadamente minoritarios encontraron en Chuza! unha ferramenta ideal para expoñerse, inconscientes se cadra dun risco importante: a falta de pluralidade acabará por facer pouco atractivo o invento, a xente deixará de usalo como referencia e cada vez será máis difícil que novos usuarios se sumen ao carro…

Non sei. O único que espero é que a deriva dos últimos meses acabe reconducíndose polo ben de todos. Oxalá Chuza! volva aos tempos do bo rollito que había cando eu nacín alí. Oxalá Chuza! consiga ser un referente de verdade dunha sociedade diversa que non enterra con tópicos este idioma.

——————————————————————————

PD: E moito ollo porque o virus parece que se estende tamén a Vieiros.

Artigo gardado en: lingua, rede

33 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. Cesare  |  27/Outubro/2008 at 22:19

    Os inventos das mafias de Chuza non son novos. Pero si que desta vez parece que a mafia ten unha axenda moito máis sectaria e ideoloxizada.

    Iso, e aí discrepo con Alema, non ten por que ser malo. Simplemente é. E leva dentro un paradoxo: canto máis homoxénea sexa a rede, menor influencia terá, é dicir, se sempre somos os mesmos a producir contidos e sempre producimos o mesmo contido, ao final nós seremos os únicos consumidores, o que dende o punto de vista do placebo e da masturbación mola mil pero, como di a frase xa tópica, o bo de foder é que coñeces xente.

    O que si me parece máis preocupante, a teor deste debate, é a falta de visión que teñen algúns usuarios chuceiros, que pensan que todo o mundo é chuceiro, ou que grazas a unha chuza superescorada (sexa ao lado que sexa) estamos xa a piques de conseguir o éxito da revolución. O feito de que algúns crean que Chuza! reflexa o sentir verdadeiro do pobo galego, ese sentir que os medios tradicionais (quizais apoiados pola CIA) agochan e perseguen, entra dentro do capítulo do delirio, e só agardo que non sexa contaxioso.

    Chuza!, como calquera outra rede social, está nun debate permanente: ampliar a base e facerse máis heteroxénea (arriscando a perder a súa identidade), ou reducir a base e facerse máis homoxénea (arriscando a que sexa un chiringuito marxinal e residual). A miña opinión é que Chuza! está moito máis preto do segundo que do primeiro.

    Pero a comunidade decidirá. E moitos xa decidiron abandonar a comunidade.

  • 2. alema  |  27/Outubro/2008 at 22:25

    #1 home, eu creo que risco de perda de identidade tampouco hai en exceso… que hai de malo en ampliar a base cun nexo común (neste caso, de idioma)? ou é que non hai base, logo?

  • 3. lurinha  |  27/Outubro/2008 at 22:28

    Homem, há tempo que não entro em Chuza, mas, as últimas veces, as informações erão plurais e de todo tipo.
    Tal vez deveria explicar milhor qual é o problema concreto e, se tamém Vieiros se resinte, algo haverá.
    Pode que tamém seja umha apreciação sua.
    Já lhe digo que há tempo que não entro en nemhum espaço galego agás este e o de Sei o que…Porque, por razões que não vém ao caso, não me presta ter muita informação sobre cousas que som importantes para mim. Assim que vago e divago pola rede, olhando catálogos de jóias antigas, lercheos sem importáncia e demais frivolités que me aligeiram o caletre, até que mude o vento.
    De todos os jeitos, haverá que escuitar mais opiniões. Às veces, um tende a ver as cousas baixo uns lentes que dão umha imagem algo parcial.

  • 4. Cesare  |  27/Outubro/2008 at 22:31

    #2 iso depende do que entendamos por identidade. Pra ti a identidade de Chuza! pode ser o idioma. Pra outros é que é un medio de esquerda anticapitalista. Pra outros é un sitio onde o reintegracionismo ten moita visibilidade. Pra outros un espazo de intercambio de novas conspiranoicas. Iso depende…

  • 5. alema  |  27/Outubro/2008 at 22:33

    #4 eu cando vin isto
    “Chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico”
    e vin que o idioma que se potenciaba era o galego (e o portugués, tamén hai que dicilo) pensei que ese era o obxectivo do xogo…

  • 6. alema  |  27/Outubro/2008 at 22:34

    #3 luri, non debería ser vostede “isolacionista” :D

  • 7. Chimpín  |  28/Outubro/2008 at 0:29

    Non podo estar máis en desacordo con vostede, alema. Desde que entrei por primeira vez en chuza! hai xa case dous anos vin várias veces malos rollos e agoreiros dicindo iso de chuza! se rompe!!!!, mais nunca pasou tal. E penso que nunca pasou tal porque é algo cíclico. Cando se envian demasiadas novas dun tema cansan e co tempo pasa o tema. E, señor meu, de debates lingüísticos cansinos (para os usuários) sabe vostede bastante.
    E respeito de que Para triunfar en Chuza! non se necesita moito: temas lingüísticos e políticos aderezados de certas doses de lercheo-que-non-ofenda, nada máis lonxe da realidade. Olle as novas enviadas por min. Nin unha desas. E nunca tiven problemas á hora de que as miñas chuzadas chegasen á portada, nin de falta de karma (agora está algo baixo, mais por outros motivos que non veñen a conto).
    Pode haber moitas teorias, unhas válidas e outras non. Eu concordo en parte (só en parte) coa análise ce cesare, e é que, como dicia unha persoa que coñezo, onde hai xente hai problemas. Sempre. E as máis das veces acaban por solucionar-se.
    Nada máis. Pasa-lo ben.

  • 8. Cesare  |  28/Outubro/2008 at 0:48

    #7. Estou de acordo con vostede, Chimpín.

  • 9. cuncha  |  28/Outubro/2008 at 9:01

    Canta razón tés, alema. Vótase con frecuencia ao que pon a nova, non ao contido. A pluralidade non interesa aos pequenos tiranos que por poñer 20 novas cada día pensan que son os donos do Chuza. Hai un personaxe que se caga en todo nos chíos, que presume de memoria, pero nin a de un peixe, porque se contradice cada día que pasa. Censura, coarta sin criterio, como unha fouce. A política do medo e a represión.

  • 10. alema  |  28/Outubro/2008 at 9:38

    #7 chimpin, chuza! non se rompe nin creo que se chegue a romper nunca :D o que eu digo é que corre o risco de quedar como un reduto extremista da rede galega… máis nada…
    e si, vostede enviou noticias desa temática ultimamente… basta só ver o seu historial (que conste que me parece estupendo, eh? ;-) )
    - A Xunta dá o pao aos gobernos Basco e Catalán nun acto a prol da normalización lingüística [.pdf, 175 KB]
    - Está o galego marxinado en Google?
    - Feijoo: «Mira que lle gustan os explosivos ao señor Quintana»
    etc. etc.
    e repito que me parece estupendo… pero o que é é… ;-)

    e insisto tamén: longa vida a Chuza!, aínda que a min me molaría algo máis “aberto”, máis plural e menos sectario como apunta #9 :D

  • 11. lurinha  |  28/Outubro/2008 at 9:47

    O que di cmipín, parece asisado e realista
    Onde há gente, há mundo, dizia o meu sogro Nés, de Camarinhas.
    Ainda que a experiéncia tamém me di que, às veces, a gente tem muitos problemas que deveria resolver cum bom psicoterapeuta e, no canto desso, leva-os por aí, espalhando merda como a cisterna do xurro mental e contamina as fontes e os mananciais- ponho esta metáfora rural para que o senhor alema se ruralice um pouco, ainda que falo em geral e não de Chuza, mas de outros foros galegos nos que participei e que me tiraram a gana de volver a participar em nada comunitário da rede-. Na sociedade e nas pessoas há muitos intereses: Políticos de poder, de figurar, de ganhar dinheiro, de saír sempre ganhador de todas as batalhas, de ter umha migalha de protagonismo, e, as veces, mesmo de foder aos demais, amparados no anonimato.
    Espero que Chuza não fique infestada por estas doenças e só seja um vai e vém natural em todo movemento, como di o Chimpín.

  • 12. Gerardinho2000  |  28/Outubro/2008 at 10:55

    Eu não vejo que Chuza seja hoje mais reintegrata que nas suas origens, e tampouco mais “batasuna”. Neste último aspecto tem havido épocas mais “chungas” (por exemplo, a época na qual deixei de participar dous meses).

    Chuza vai por tempos e modas, sempre em função de quem esteja ali. Evidentemente se usuários que costumavam enviar novas tecnológicas ou ambientalistas deixam de participar, o peso desses temas decairá.

    Eu não engano ninguém: sou reintegracionista e soberanista com um ponto freak. Não o oculto. Esses são os temas que me interessa chuzar em primeiro lugar, mas o meu historial revela chuzadas de todo tipo.

    Sou culpável dos meus gostos? NÃO

    Chuza tem oco para todos os gostos? SIM

    Portanto, menos mexericada. Quem não goste de Chuza que marche dela. Eu passei mais de dous meses sem actividade ali e nem Chuza morreu nem a mim me deu um pasmo.

    O que é Chuza? O que queiram os seus usuários.

    Por este motivo, como usuário, utilizarei o meu karma para que Chuza não seja um foco de espanholismo, nem tampouco um sítio antirreintegrata ou antiisolacionista(^), nem um lugar onde possam campar as ideias galegófobas… Desde logo, isso sempre dentro das limitações do meu karma.

    (^) Seguramente usuários como Cesare respondam a isto com um “lol”. Mas é a verdade. Eu não sou isolacionista, mas tampouco sou anti-isolacionista. O que não aturo é que um isolacionista me venha dizer que estou equivocado, que sou um traidor ao galego e um monte de acusações sem fundamento mais porque não lhas passo e decerto muitas vezes acabam pagando justos por pecadores. Em qualquer caso, acho que não preciso explicar muito o meu comportamento, porque quem me conhece já o entende.

  • 13. lurinha  |  28/Outubro/2008 at 11:52

    Tem razão, Gerardinho. Estou segura de que é você um magnífico chuzeiro ou utente de qualquer outro espaço.

  • 14. lurinha  |  28/Outubro/2008 at 11:58

    Oia, senhor alema. O senhor chimpín pode pôr as notícias que queira no Chuza.
    Faça favor. Diga-me que notícias que lhe parecessem importantes e não se chuzassem como você pensa que deveria ser num chuza plural e diverso, aberto a todos.
    Para eu dar-me umha ideia do boicot esse. Seguro que tudos querem saber que é o que já nom tem espaço no chuza actual.

  • 15. Gerardinho2000  |  28/Outubro/2008 at 12:54

    Desde a minha posição na comunidade como um dos usuários com mais karma (19,82 neste momento e, em breve, em caída livre), permito-me fazer a seguinte reflexão.

    http://chuza.org/sneakme/?id=gerardinho2000/7727

  • 16. Cesare  |  28/Outubro/2008 at 15:03

    Non hai moito máis que dicir, nin tampouco que amañar.

    Os usuarios da comunidade (falando en liñas xerais) actúan como ben explica Geradinho2000:
    — ou promocionan aqueles intereses cos que están ideoloxicamente de acordo (é dicir, non envían novas que cren interesantes prá comunidade, senón as que cren interesantes pra si)
    — ou castigan con maior ou menor contundencia dependendo do karma aquelas novas que non encaixan no seu prisma ideolóxico (sexa este estreito ou largo).

    Cadaquén pode usar os negativos como queira. E a comunidade vivirá o que toque. Pero ninguén morrerá. E se desaparece Chuza! outra Chuza! aparecerá, ou non, pero non vai ser a purga de bieito.

    Creo que os membros máis importantes da comunidade podían decatarse un pouco da situación de crecente homoxeneización (e perda de interese) da comunidade. Pero se non o fan, alá eles.

  • 17. alema  |  28/Outubro/2008 at 16:30

    #16 oxalá abran os ollos ;-)

  • 18. Gerardinho2000  |  28/Outubro/2008 at 17:53

    #16 Eu vejo muito pior o uso indiscriminado dos votos negativos (chegando a ir só à fobia pessoal) do que o apoio endogâmico. E desse comportamento não estão isentos “os membros mais importantes da comunidade”, como tampouco o grupo fundador de Chuza (que agora pretende lançar bolas fora).

    Já o explicarei mais em profundidade, mas cumpre que quem põe o dinheiro de Chuza diga às claras o que é que pretende do seu projecto e se molhe no necessário debate de consensuar umas regras de convivência.

    A mim não me serve que um dia me diga que os usuários criam as normas e que isso é o divertido de Chuza e um mês depois me critique em público um suposto mau comportamento motivado por questões ideológicas, quando decerto o meu modo de agir foi mais honesto do que muitos que se têm visto em Chuza.

    Mas tampouco se deve dramatizar em excesso o acontecido. Como digo, nos dous anos e pico de Chuza houve crises periódicas e os movimentos no “poder” foram também continuados, desde a hegemonia da Máfia do Fedelho à actual “Máfia Reintegrata” (que me escaralho!), passando por outras intermédias.

    Eu acho que a solução passa por algo mais de disciplina, ou seja, de fixar umas normas comuns, por um consenso o mais democratico possível e que Berto assuma o seu role, que é o de usuário mas ante tudo o de proprietário, polo qual pode e deve assumir que é quem tem a última palavra. Essas normas devem ser estáveis e não se deve permitir que ninguém (ninguém, mesmo o proprietário) as rompa. Porque ou jogamos todos ou rompe a baralha (como pôde ter acontecido agora).

    Desde logo, eu não são quem para lhe dar lições a ninguém… só faltava! Falo como uma pessoa que, desde a discrepância, sinto um profundo aprezo por Berto e desde o começo gostei por esse trebelhinho comunitário. Portanto, eu só dou a minha opinião, modesta e humilde.

    O dito. Desdramatizar, buenrollismo e algo de disciplina (ou seja, respeito por umas normas comuns de convivência).

    Oi, e se alguém estima que eu faço parte do problema, pois nada, que marcho e não morre ninguém :D!

  • 19. alema  |  28/Outubro/2008 at 18:06

    #18 a historia é que non sobra ninguén, entendo eu… o que si que estaría ben era darlle un aire novo ao asunto…

    se cadra o feito de facer públicos os negativos, que a min me pareceu ben no seu momento, se cadra tamén serviu para empeorar o tema… non sei

    sabes que me mola por exemplo? un usuario chamado Padre_Merrin, do que me declaro fan absoulto. non haberá máis deses???

  • 20. Fran  |  28/Outubro/2008 at 18:53

    Desde que Chuza cambió y empezó a colocar un anuncio, ahora tienen más, se convirtió en dinero para los que lo gestionan y se perdió ese espiritu de libertad de sus comienzos.

    Hay que quedar bien con La Xunta (PSOE y BNG), cuanto cobran por tantos anuncios institucionales?

  • 21. franco vicetto  |  28/Outubro/2008 at 19:33

    #20 You mix the bacon with the speed.

  • 22. alema  |  28/Outubro/2008 at 19:36

    #20 I agree with #21 ;-)

  • 23. meneame.net&hellip  |  28/Outubro/2008 at 19:38

    Bloguers denuncian que el ”menéame gallego” se hunde por culpa de usuarios radicales[GAL]…

    Al parecer el que hace unos años era el hijo regional más exitoso de Menéame, Chuza!, se hunde. "Tocado de muerte" es lo que afirma este y otros blogueros gallegos, después de que partidos y grupúsculos nacionalistas y lusistas tomasen e…

  • 24. Gerardinho2000  |  28/Outubro/2008 at 19:51

    #23 Oh, shit!

  • 25. Lura  |  28/Outubro/2008 at 19:52

    A Chuza estalle pasando que a xente coma min, que levamos toda a vida falando o galego que escoitamos na casa, e creo que a maioria é así, non entende o portugues escriben a maioria dos usuarios. Eu entraba todolos dias en Chuza para poder ler as noticias de Galicia, tanto políticas, pois considerome de esquerdas, e votante do bloque, como as demáis, pero dun tempo para acó, non entendo o que escribe a xente. E eu creo que coma min a maioria.E para non entender, mellor en ingles, que polo menos non falan tanto da normativización e esas cousas. Creo que con un pouco de sentidiño, e dando cabida a todos, poderíamos mantelo en pé.
    En Galicia ou Galiza falase o galego, e o portugues falase da raia para abaixo.

  • 26. :: madeira de uz | Sectar&hellip  |  28/Outubro/2008 at 19:59

    [...] tenho comentado em vários lugares [aqui e aqui, por exemplo], e também em privado com algum chuceiro, cuido que cumprem duas [...]

  • 27. one2  |  28/Outubro/2008 at 20:02

    #20 lol
    #23 lol
    #25 lol

    Isto já está máis que falado. E passado um tempo volverá sair o tema. Concordo com Chimpin (#7), isto é todo um ciclo.

  • 28. o rápido  |  28/Outubro/2008 at 20:13

    #25 totalmente en desacordo. Quén non comprende portugués é porque non fala galego. a non ser que sexa algo psicolóxico-militante similar ó dúnha tia miña feixista do rural de Pontevedra que para facerse a fina dí que non entende o galego.
    Un ‘isolino’ (eu, por exemplo) tén problema para lér o xornal Público (o de Porto)? se a resposta e sí, vou pensar que é coma cós ‘tangas’: señora, o seu fillo é parvo.

  • 29. o rápido  |  28/Outubro/2008 at 21:38

    e teño que dicir que concordo con #27 totalmente. Vou liscar deste blogue antes que me apareza o cabrón do osiño cocacola ou o coello caracona.

  • 30. alema  |  28/Outubro/2008 at 21:42

    #29 pois deume unha idea:
    con tempo, hei facer a versión caracona do osiño gominola

    cara-cara-cara-cara-caracona
    :D :D

  • 31. Gerardinho2000  |  28/Outubro/2008 at 21:52

    Remeto-me a #27 e ao já apontado por mim… lol

  • 32. lurinha  |  28/Outubro/2008 at 22:51

    Vaia!
    Ao fim, vém ser o de sempre: Os da proa, a berrar cos da popa.
    -”Imos para Muroooos!!!!!!”
    -”Nós taméeeeeeem!!!!!!”
    Cada dia reconheço mais a genialidade dos Monthy Python ou como caralho se escreva.
    Somos cuspidinhos, cuspidinhos aos do seu filme. Obra mestra que resume a nossa idiosincrásia ao 100%, mália estar ambientada no Mediterraneo oriental.

  • 33. Enrique Castro  |  30/Outubro/2008 at 9:19

    ¿E Berto qué ten que dicir de todo isto?

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Wed, 18:39

Yuji: Mas pro caso de serem usuários (no sentido informático), acho que se usa mais utilizador (pt) ou usuário (br), não?

alema: "Os utentes podem utilizar estas normas em português"

O Peto Lareto: gracias alema, estou a pensar que sería moito mási claro algo asi como : Os utentes podem solictar estas normas en Portugués. ¿É correcto? poñedelle os acentos [...]

alema: ,que são obrigatórias

alema: Os utentes podem solicitar a língua destas normas

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta