Arquivo de 24 Outubro 2008

Os reintegratas ‘fixe’ que cecean deben pronunciar ‘Valenza’, ‘Melgazo’ e ‘Monzón’

A cuestión do ceceo pode converterse nun problema serio para os reintegratas fixe, os reintegratas 7 na escala de alema, eses que falan un galego practicamente idéntico ao galego RAG pero que logo escriben con grafía portuguesa. Porque, aplicando a coherencia, todos aqueles que cecean aquí deben cecear tamén alí abaixo, tendo en conta que para eles galego e portugués son o mesmo idioma.

Explícome. Que pasa cando un andaluz le un texto en castelán? Pois que o le conforme a súa fonética dialectal (uns seseando, outros ceceando, etc.). É dicir, un andaluz non abandona o seu acento cando fala en español estándar. Polo tanto, cando un reintegrata fixe cecea en Galicia ten que facelo en todas as circunstancias posto que considera que o portugués é o mesmo idioma ca o galego.

Daquela, cando un reintegrata fixe vexa escrito: ‘Hoje irei a Valença, Melgaço e Monção‘ ten que ler forzosamente /oshe irei a balenza, melgazo e monzón/ (e onde pon /z/ refírome obviamente ao fonema /θ/). Se un reintegrata fixe escribe ‘Arçua’ e le ‘Arzúa’ por coherencia tamén terá que ler ‘Balenza’ cando vexa escrito ‘Valença’. O mesmo acontece con ‘Monção’ e en realidade con todas as palabras que acaban en -ão ou -om. Se un reintegrata ve escrito ‘comunicação’ forzosamente terá que ler /komunikazón/ ou /komunikazión/ mesmo. Isto é o que debera ser por coherencia.

Pero a realidade indícanos que non é así. E por que? Porque o reintegracionismo no fondo promove un movemento asimétrico de lingua, é dicir, son os galegos os que deben adaptarse á grafía portuguesa pero eses mesmos galegos acaban trocando a súa fonética cando len textos en português padrão. Dito doutro xeito: é o típico caso do andaluz que deixa o seu acento para ler un texto en español estándar.

Logo unha solución podería ser a de abandonar o ceceo definitivamente, non? Nese caso, aplícase claramente a lei de alema: “o reintegracionismo chama sempre a máis reintegracionismo“. Dada a tamaña incoherencia que supón cecear aquí e non facelo alá, o reintegracionismo acabará por ditaminar erroneamente que o fonema /θ/ nos é alleo e que polo tanto todos os galegos debemos deixar de cecear, cando en máis da metade do territorio galego si que se distingue entre /θ/ e /s/. E unha vez máis volverá constatarse que, se mire por onde se mire, o reintegracionismo promove a asimetría: os galegos adáptanse ao portugués e o portugués non se adapta ao galego. Ou dito doutro modo: nova caída no colonialismo.

34 comments Outubro 24th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta