Arquivo de 23 Outubro 2008

Algunhas conclusións da enquisa sobre as categorías de ‘galego’ na escala de alema

Pasou xa un tempiño desde que se publicou o artigo sobre as categorías de ‘galego’ na escala de alema (ver aquí) e houbo unha chea de persoas que participaron na enquisa (a maioría deles procedentes de chuza!, por certo). Á hora de escribir este artigo 133 usuarios contestaron á pregunta sobre que categoría se identificaban e, a verdade, hai algúns resultados que para min son sorprendentes.

- A inmensa maioría (un 23%, case un de cada catro) considéranse galegofalantes da categoría 5, é dicir, aqueles que respectan na medida do posible a actual normativa “oficial”.

- Dentro da órbita da norma oficial, son máis os que ven a normativa RAG demasiado lusista (8% do total identifícanse coa categoría 4, a que rexeita “grazas” e outras novidades das reformas de 2003) ca os que empregan unha norma algo máis aportuguesada da norma sen traspasar a barreira do reintegracionismo (os dos mínimos-máximos son o 6% dos que responderon)

- O segundo grupo máis ‘potente’ non son os reintegratas, senón os que falan para entendérmonos “galego de pueblo(categoría 2 da escala da alema), aos que non lles importa un carallo soltar un ou varios castelanismos pois iso é o que mamaron. Son o 20% fronte ao 23% que se identifican coa categoría 5 da escala de alema.

- O grupo dos reintegratas (categorías 7, 8, 9 e 10) é bastante numeroso, posto que xuntos todos eles conforman o 35% do total. É dicir, a proporción sería de 1 reintegrata fronte a 2 non reintegratas, máis ou menos. Tendo en conta que a maioría dos lectores deste blog (ou iso penso eu) son reintegratas, penso que na realidade (a de fóra da internet) a proporción debe ser moito, moito menor.

- Dentro dos reintegratas, predominan os fixe, os que falan galego “normal”, para entendérmonos, e logo escriben en norma reintegrata light (categoría 7 cun 14% do total). Pero logo están os máis radicais, os que estiman que o galego debe camiñar cara á súa uniformización total co portugués (categoría 10 cun 11% do total). Os freestyle (categoría 8 da escala) e os integristas (categoría 9) non triunfan tanto: obteñen cada un o 5% do total. Conclusión: o reintegracionismo tamén está polarizado e a tendencia é “o reintegracionismo chama sempre a máis reintegracionismo”.

- É tamén sorprendente que haxa tan poucos que falen castelán moi galeguizado (categoría 0 cun 3% do total)… Pero o que sen dúbida ninguén admite ser é falante de galego pigho ou con fonética pobre. Só dous usuarios recoñeceron que falan un galego cutre-fonolóxico. Unha mágoa porque deses usuarios o galego necesita unha chea, pero vaia…

Pero se cadra a principal conclusión que saco de todo isto é que 30 anos de normativización do galego non serviron para terminar co conflito entre partidarios dunhas e doutras correntes… demasiadas ao meu entender. As loitas mantéñense a pesar do dano que lle supón ao idioma andar con tantas “variedades”. Se cadra haberá que ir pensando no que acontecerá nos próximos 30 anos e que asumamos entre todos que coa lingua… non se xoga.

Por certo, aínda estás a tempo de participar na enquisa. ;-) Está na barra lateral dereita deste blog, un chisco máis abaixo.

9 comments Outubro 23rd, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta