Arquivo de 22 Outubro 2008

Globos (balões) sonda e silencios (silêncios) desconcertantes

Un día despois do artigo máis pro-reintegrata do dirixente do BNG Francisco Rodríguez no xornal.com, o propio diario electrónico sorpréndenos cun editorial (veja aqui) que podemos cualificar de histórico. Nunca antes un medio de comunicación en castelán-mayormente fixera unha loa tan desmesurada das hipotéticas vantaxes do reintegracionismo. Vamos, que o xornal.com é case tan reintegrata coma Carvalho Calero… aínda que só na teoría porque non se ven demasiados textos escritos ao portuguese-style nas súas páxinas, por certo… Eu deles, coas perspectivas que pintan no editorial, iría sondeando a posibilidade de trocar o xornal.com polo jornal.com e deixarse de reviravoltas. Para seren coherentes, vaia. E os reintegratas aplauden o editorial, of course, a pesar de que normalmente rexeitan calquera análise sobre o galego dos que non son “militantes e/ou usuarios do galego”.

O caso é que toda esta movida empeza a superarme un pouco, debo confesalo. E moito me temo que o que se está facendo no fondo é lanzar ante a opinión pública unha serie de globos sonda (ou balões-sonda) con vistas a ver as reaccións suscitaría toda a leria da creación da Academia Galega da Língua Portuguesa ou a posibilidade de que se poida escribir nun futuro tanto globo coma balão ou tanto silencio coma silêncio, etc.

E iso -son sincero- tamén me ten un pouco desconcertado. O silencio. O silencio das institucións que supostamente deberían responder ante este tipo de iniciativas pro-reintegracionistas. A Real Academia Galega garda silencio, o ILG tamén, as Universidades o mesmo, igual ca a maioría dos axentes que traballan a prol do idioma. Os partidos tamén gardan silencio. Especialmente calado está o BNG, a quen me dirixín ata en tres ocasións diferentes para que me aclarasen os seus puntos de vista sobre a materia sen obter resposta ningunha. E non é que estea especialmente interesado no BNG… É que as declaracións de Francisco Rodríguez e mesmo a presenza dun alto cargo de Vicepresidencia na creación da AGLP son especialmente significativas e creo que merecen unha explicación que, de momento, non me foi dada… ou mellor dito, non nos foi dada.

Se cadra non son máis ca un simple blogueiro en busca de debate e de respostas… Non sei. O caso é que todos estes silencios me cheiran a que se está preparando algo gordo. Se cadra estou enganado pero moito me temo que se está arranxando algunha movida, visto que a famosa “normativa da concordia” de 2003 foi en principio unha marabilla e agora, cinco anos despois, quizais a algúns lles sabe a pouco ou eu que sei.

Ou quizais non… Posiblemente a opción sexa o silencio visto que se ve imposible un entendemento ou que se cadra non é o mellor momento para lanzar un debate destas características agora que se perdeu, entre outras cousas, o consenso parlamentario arredor da normalización lingüística.

Sexa como for, penso que os que deben dar a cara non a están dando. E iso tampouco me parece ben para moitos falantes deste idioma, que se senten algo perdidos con toda esta historia. As cousas, claras. Non máis silencio!

21 comments Outubro 22nd, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta