Idiomas diferentes… polos mexos
A ver. Que non se me confundan as masas. Que eu en ningún momento cuestiono a galeguidade do verbo ‘mexer’… O que pasa é que ten un uso reducido no galego coloquial se cadra polas terribles coincidencias que ten con ‘mexar’. De tal forma que cando un escoita “eu mexo” non se sabe se a persoa que fala está movendo algo (mexendo) ou expulsando ouriños (mexando), aínda que o primeiro resorte se cadra nos fai pensar máis no último verbo, moito máis empregado ca o outro.
En portugués internacional de Portugal isto non acontece. E saben por que? Porque distinguen entre mexer e mijar… A diferenza está clara para eles (son palabras foneticamente ben distintas)… pero non para nós. Escoitade ben o que cantan estes rapaces no vídeo que vos mostro a continuación.
A transliteración en galego da canción (eliminando os diguidís) sería “eu mexo un dedo, eu mexo o outro, eu mexo os dous, eu méxome a man, eu mexo a outra, eu mexo as dúas, eu mexo un brazo, eu mexo o outro, eu mexo os dous, eu méxome a perna, eu mexo a outra, eu mexo as dúas“. Que chungo, non? Máis que facer unha oda á expresión corporal, estes cativos parece que fan apoloxía da mexada!
E que fan os reintegratas ante este problema? Pois… mejam ou mijam, adepende. Os máis fixe (categoría 7 na escala de alema) prefiren escribir mejar por aquilo da proximidade co galego. Os máis integristas (categoría 9 e superiores) escollen maioritariamente mijar. Que mijam, vaia, igual ca os portugueses.
Os reintegratas seguidores de Estraviz, por certo, cando queren ser fisnos non mijam, senón que fazem (ou fam) xixi (lido xixí, con acento no í), a pesar de que aquí tal expresión non nos soa a nada. Aquí a maneira cursilona de mexar é facer un pisiño ou botar unha mexadiña… pero xixí (coa súa variante xixizinho), que eu saiba, só se di alá abaixo…
24 comments Outubro 15th, 2008


