Arquivo de 13 Outubro 2008

A María Isabel portuguesa é un pouco papa-bolos (en castelán ‘zampabollos’)

Os de seioque aínda están de resaca tras a súa festa españhola, que incluíu un marabilloso fotocol e un vídeo conmemorativo coa banda sonora de María IsabelAntes muerta que sencilla“, que ademais ten unha versión aduareira chamada ‘Denantes morta que sensilha‘. O caso é que me puxen a investigar sobre as María Isabeles que hai polo mundo adiante… e encontrei a equivalente lusófona. Chámase Marta Peneda, ten 10 aniños e populariza un tema un bocadito curioso. Titúlase “Doce pastel de nata“.

E é efectivamente unha pastelada total a miúda esta. A letra abofé que non ten desperdicio. Nela, reflíctese o día a día dunha cativa que utiliza uns bolos de nata para mocear cun rapaz.

E os máis carcas dirán… A que vén tal promoción do colesterol e das graxas saturadas entre a rapazada? En fin, que conste que a Martinha non só se dedica a facer conquistas a base de bolos. Tamén cultiva amizades profundas.

Así pois, mundo lusófono do aquémBasta de Melodys e Maria Isabeles! A partir de agora, esta é a vosa nova icona, a vosa nova estrela guía infantil, a vosa nova criança-prodígio. Por certo, o seu blog é  http://martapeneda.blogs.sapo.pt/ Non deixedes de visitalo!

E xa que estamos… volvemos ao de onte. Estamos escasos… Estamos escasos tamén de prodixios… de rapaces cantantes. Alá atrás aínda había certames infantís de certa sona, pero é que estamos escasos de star system galego-infantil. Temos aínda tanto por facer…!

25 comments Outubro 13th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta