Arquivo de 12 Outubro 2008

Outro friqui lusófono acabado de descubrir: o Rouxinol Faduncho

Seguindo coa miña campaña de caza e captura de friquis lusófonos, descubro con pracer un artista do que temos que aprender moito. Chámase o Rouxinol Faduncho e é todo un personaxe alá abaixo. A súa marca característica é a de adaptar diversas cancións ao fado. Todo, absolutamente todo é subsceptible de ser cantado á maneira dos fadistas para o Rouxinol. Desde as cancións infatís ata os éxitos da música disco.

Comecemos precisamente polas cancións para crianças. Aquí tedes a versión fadista da Abelha Maia e do Dartacão e os Tres Moscãoteiros, dúas cancións que por certo aparecen tamén nun vello post do alema.

Que? A que mola? Pois non perdades como interpreta o Rouxinol a coñecida “YMCA (que pasa a “Ai, eu sou gay”) ou a mítica “I will survive de Gloria Gaynor. Todo pasado pola peneira do fado.

Simplemente espectacular. E digo eu… A que esperamos para versionar coa gaita estas ou outras cancións universalmente populares? E logo non podiamos experimentar a ver se nos facemos de ouro? Os andaluces, todo canto hai, versionean ao seu xeito… o Rouxinol tamén o fai en portugués… Por que carallo nós non facemos o mesmo? :D

14 comments Outubro 12th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta