Arquivo de 5 Outubro 2008

José Castelo Branco, a miña nova icona lusófona (e espero que tamén a vosa)

Con espanto descubro no programa ‘¿Dónde estás, corazón?’ de Antena 3 a existencia dun personaxe que me deixou completamente abraiado. Chámase José Castelo Branco e é simplemente espectacular. A verdade é que no tempo que estiven en Portugal nunca escoitara falar del, polo que a súa descoberta casual me deixou dobremente chocado.

Imos por partes. O primeiro é que coñezades un pouco máis deste personaxe cheo de contrastes. José Castelo Branco é considerado o rei da jet-set portuguesa, a pesar de que naceu en 1962 nun dos lugares máis pobres do mundo, a cidade mozambicana de Tete. Alí residiu ata os 12 anos, cando se mudou a Lisboa e empezou a traballar de modelo e de drag-queen. Polo que contou en Antena 3 tivo unha experiencia homosexual que lle provocou un trauma, polo que decidiu facerse “lesbiana”. Casou, tivo un fillo, divorciouse e logo volveu casar coa multimillonaria británica Betty Grafstein, 32 anos maior ca el.

A súa profesión é negociador de arte e entre outras cousas vende as xoias que a súa esposa deseña. Digo entre outras cousas porque a José o coñecen sobre todo polas súas intervencións en coñecidos reality-shows que aquí neste país nin sequera cheiramos por non recibirmos as televisión portuguesas (aproveito, por certo, para reivindicalas aquí de novo). En “Primeira Companhia“, onde un grupo de celebridades aprenden a dureza da vida militar, tivo un papel extraordinario.

No programa “O Circo das Celebridades“, emitido tamén en 2006, viviu momentos de moita tensión mesmo con outros concorrentes! Que carácter! :D

Aquí o tedes participando noutro programa, neste caso no espazo da SIC “A ganhar é que a gente se entende“, onde o pobre tivo que meter a man na bicharada con moito horror.

Os realities son moitos: tamén participou no equivalente á “Granxa dos Famosos”, onde entrou con 35 pares de zapatos, ou no equivalente a un “Operación Triunfo” para celebridades. O caso é que ultimamente José Castelo Branco está centrado no lanzamento da súa carreira musical, onde por certo só canta en inglés.

Bueno, pois este showman tivo o seu momento español de gloria na noite do venres ao sábado en Antena 3, onde foi entrevistado xunto coa súa esposa. De momento, a cadea non colgou ningún vídeo da entrevista… pero foi algo esperpéntica. O José esforzábase por falar en español e cando non se facía entender (el si que comprendía o castelán dos entrevistadores) respondía en inglés para que fose traducido por un intérprete. Surrealista.

E eu pregunto. A que carallo esperan Piñeiro ou Gayoso a levalo aos seus programas?! Este pavo é fascinante e os galegos merecen coñecelo tamén na sobremesa e no prime-time. A todas horas! José Castelo Branco, aquí tes un novo (e de Betty Grafstein tamén, claro). :D

17 comments Outubro 5th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta