Arquivo de 2 Outubro 2008

Exclusiva: fala Miguel Arce, o ‘prota’ galego do programa máis polémico da RTP

Seguro que algúns de vós chegastes a preguntarvos quen era o rapaz galego que conversaba cos presentadores do programa da RTP “Cuidado com a língua” dedicado ao galego. Pois aquí está, localizado! Chámase Miguel Arce, é lector de galego no Centro Galego de Lisboa e na Universidade Nova da capital portuguesa, e moi amablemente respondeu a unhas cantas preguntas sobre a rodaxe deste polémico documental e sobre as experiencias dun galego que traballa polo galego en Portugal.



Como contactaron contigo para facer este programa?

Os responsables do programa Cuidado com a Língua! José Mário Costa e Maria Regina de Matos Rocha decidiron facer un capítulo deste programa divulgativo centrado na lingua galega, para o cal contactaron co Centro Galego de Lisboa - Xuventude de Galicia e co Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa, onde son bolseiro/lector de galego. Obviamente, pareceume interesante e positivo o feito de que se interesaran pola lingua galega, e mostreime aberto a colaborar.

Sabes se o director do programa seguía algún tipo de indicacións para o enfoque da reportaxe?

O programa Cuidado com a Língua! é un programa divulgativo para resolver dúbidas acerca da lingua portuguesa, o cal ten bastante éxito nos medios educativos (de feito, recentemente foi publicado un libro/dvd sobre as primeiras tempadas do programa). O programa ten como complemento o espazo Ciberdúvidas da Língua Portuguesa, iniciativa do xornalista José Mário Costa en colaboración coa Sociedade da Língua Portuguesa.

Por que cres que se optou por ese diferencialismo e non por posturas máis reintegracionistas?

Tanto o programa de televisión como a web, levan bastantes anos emitindo/estando na rede, polo que foi lóxico que o programa seguira a mesma liña editorial. Nos contidos desta web ou nos comentarios a estes hai numerosas referencias á lingua galega, e claro, tamén hai referencias á existencia de varias tendencias gráficas á hora de poñela por escrito.

Xa desde o teu punto de vista persoal, o galego e o portugués son a mesma lingua? Cres que ou non que deben seguir camiños diferentes?

Certo, para min o galego e o portugués son dúas variantes da mesma lingua. Eu todos os días podo comunicarme con falantes doutros territorios lusófonos sen problema, grazas á lingua. As linguas non seguen camiños, pois son elementos vivos, son os falantes os que as crean. Só a escrita é a que é resultado dun acordo.

Persoalmente consideras válida tanto a norma RAG como a norma AGAL. Pensas que a lingua portuguesa estaría disposta a acoller as variacións do idioma galego?

A normativa da RAG ou a da AGAL son dous códigos gráficos para a lingua galega (Estou seguro que todos os falantes os comprenden). Persoalmente síntome á vontade con cada un deles. Creo que quen me coñece sabe diso. Sei que non todos os falantes comparten esta opinión (entre outros ti, como autor deste blog), agora que aí xa é cuestión deles, eu non me meto nos gustos/odios de cada un… Por exemplo, á hora de responder a este cuestionario, estou respectando a normativa na que está escrito o blog, e se non me engano, ese respecto non sempre acontece…

Por outra banda, a CPLP (Comunidade dos Países de Língua Portuguesa), leva establecidos varios contactos coa Galiza para integrármonos na CPLP, tanto coas entidades oficiais, como con entidades como a AGAL e a Associação Pró-Academia Galega da Lingua Portuguesa (agora xa constituída). Estes contactos tiñan como fin a integración da Galiza dentro do grupo dos países lusófonos, e as aproximacións, non discriminaban tampouco ningunha das opcións gráficas existentes para o galego.

Por exemplo na Galiza, a Fundación Vía Galego, tamén defende a presenza na lusofonía sen importarse da cuestión normativa. As dificultades que se presentaban até o momento para a adhesión á CPLP, estaban no feito de que o resto de membros da CPLP son estados, e a Galiza non, polo que o estado español debería permitir a adhesión da Galiza á CPLP, para que esta puidera producirse.

Baseándote na túa experiencia, cal é a verdadeira percepción que tes ti dos portugueses con respecto ao galego?

Infelizmente, non todos os portugueses teñen unha percepción clara respecto ao galego. O contacto cultural é moito máis forte na metade norte do país, e claro está, as variantes lingüísticas entre estas dúas zonas son tamén moito máis próximas. Por outra banda, calquera portugués pode acceder a un texto escrito en galego sen dificultade, tomando conta das mudanzas ortográficas.

Os emigrantes galegos en Portugal en xeral que opinión teñen sobre as leas normativas?

Lisboa, e Portugal en xeral acolleu unha importante emigración galega nos últimos 500 anos, especialmente no fin do sec. XIX, moitas veces incluso sendo o paso previo para desprazarse até outros territorios lusófonos como Brasil.

Deste xeito, entre a colectividade galega en Lisboa, hai emigrantes que levan moitos anos no país, descendentes de emigrantes galegos, e un pequeno grupo de xente que levamos pouco tempo. Obviamente dentro deste grupo heteroxéneo, os que levamos menos tempo no país, mantemos un maior contacto coa Galiza.

Tal e como están as cousas, que futuro lle ves ao reintegracionismo?

O que estou seguro é que o feito de vivir nun país lusófono ao 100% nos dá outra percepción sobre algunhas discusións que se teñen establecido nos últimos tempos arredor da lingua galega. Estou falando de discusións como a da presenza do galego no ensino ao 50%, os problemas de convivencia lingüística na Galiza ou a existencia de varias normativas para o galego.

Unha resposta a esta última cuestión podería ser a que me dixo un español, ao pouco de comezar a vivir en Lisboa. Qué suerte tenéis los gallegos al poder hablar aquí desde el primer día!” Coitado del, disque debía ter problemas de comunicación.

Arriba tedes novamente o programa ‘Cuidado com a língua’ dedicado ao galego. Miguel Arce intervén a partir do minuto 5:17.

4 comments Outubro 2nd, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta