Arquivo de 1 Outubro 2008

A Eva expulsouna a audiencia… e a Raquel quédanlle dous telexornais

Non hai nada que facer. A representación galega en Gran Hermano camiña inexorablemente cara á extinción. A pasada noite a audiencia botou a Eva, a nosa gandeira-camareira de Vimianzo. O peor é que en 7 días pode repetirse a historia. A miña amiga Raquel está nominada xunto con Iván, o mozo que parece que lle fai máis tilín. Bueno, como parece que o acento pijeril con essses arrastradosss da única galega que queda na casa pode ser historia en breve, déixovos un vídeo de cando lle tocou nominar. Esta moza é abofé o colmo da naturalidade. Mira que é sinsilla!.

Add comment Outubro 1st, 2008

A RTP deixa os reintegratas ‘en cuecas’: “Nós não falamos galego!”

Hoxe é un día de gozo para os que defendemos a independencia da lingua galega fronte á portuguesa. A RTP emitiu en horario de máxima audiencia un capítulo dedicado ao galego dentro do seu programa “Cuidado com a língua”, onde os propios portugueses tiran abaixo boa parte dos mitos reintegracionistas. O máis contundente é cando o presentador espeta con claridade: Nós não falamos galego!. Pero hai máis… moito máis. Aquí tedes o vídeo en cuestión, acompañado de varios rótulos explicativos.

Como ben se explica na reportaxe, o galego é “uma lingua irmã” do portugués, cun “passado comum“, que no século XIII tomaron “caminhos separados“. En ningún momento se di que sexan a mesma lingua. En ningún. É máis: o presentador canta unha canción en portugués e acontece o que aos reintegratas non lles gusta oír. A interlocutora pregúntalle se lle está cantando “em espanhol, sinal de que iso é o que pensa a maior parte da poboación portuguesa e como xa moitas veces comentei aquí. A mesma moza tampouco entende cando un galego lle fala dunha “viaxe”. Pero bueno… conste que a rapariga é un pouco croco: chega a dicir tamén que lle “aborrece” escoitar tanta cantiga galega!

O programa analiza as similitudes e as diferenzas entre as dúas linguas, pero en realidade só destaca algo común: a caída do ‘n’ intervocálico (lat. luna -> lúa; lat. bona -> boa). O resto son todo diferenzas, diferenzas e máis diferenzas:

- nos verbos: perguntais (portugués) vs preguntades (galego)

- nos numerais: dezoito (portugués) vs dezaoito (galego)

- no léxico: meiga (portugués) vs meiga (galego)

- na pronuncia: o ch pronúnciase ’sh’ en portugués e ‘tch’ en galego, distinción entre b e v en portugués,…

- na ortografía: uso da letra x fronte a j e g

E o colmo dos colmos. O presentador chega a pronunciar o topónimo maldito: chega a dicir “Centro da Xuventude da Galícia“. A reportaxe tamén asegura que en portugués se di “Pontevedra” cando o reintegracionismo sempre defendeu “Ponte-Vedra”. Algo vai mal na conexión galego-portuguesa, que alí non chegou o guionciño!

A reportaxe tamén fala dos usos da palabra “galego”. Non cita os pexorativos existentes na lingua portuguesa; limítase a dicir que é corrente a expresión “traballar coma un galego”, que é algo así como “traballar coma os chinos/chineses” aquí. :D

En definitiva, este programa da RTP non puido describir mellor a situación do galego e do portugués, desde o meu punto de vista. Claro que algúns prefiren non ver a realidade. Viva a RTP!

22 comments Outubro 1st, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta