Arquivo de Outubro 2008

A lusofonía despreza o cabalo branco de Santiago e prefire o de Napoleón

A pregunta tipicamente chorra é “De que cor é o cabalo branco de Santiago?”. Pois saiban amigos reintegratas, por se non o sabían xa, que por alá na lusofonía o que preguntan é “De que cor é o cavalo branco de Napoleão? ou “Qual (é) a cor do cavalo branco de Napoleão?”. Norma reintegracionista para renunciarmos ao “noso patrón” para abrazar o emperador francés? No way.

5 comments Outubro 31st, 2008

O deputado do BNG Bieito Lobeira, reintegracionista “fóra das cámaras”?

O deputado do BNG Bieito Lobeira podería ser reintegracionista “no seu día a día” a pesar de que en actos públicos utiliza a norma ILG-RAG, segundo se informa este xoves en madeiradeuz.org citando fontes de “absoluta solvencia moi próximas” ao propio dirixente nacionalista. É máis, segundo esas mesmas fontes, Lobeira emprega como lingua escrita de traballo o chamado “português padrão“, a modalidade máis lusista dentro do reintegracionismo.

Ante estas revelacións, tanto desde madeiradeuz.org como desde alema.org intentouse contactar en diversas ocasións co deputado nacionalista, non só para que confirmase ou desmentise o suposto uso que fai do reintegracionismo “na intimidade”, senón tamén para que aclarase a postura oficial do BNG ante, por exemplo, a posta en marcha de entidades como a Academia Galega da Língua Portuguesa. En ningún caso houbo resposta por parte do parlamentario do Bloque.

As fontes que cita madeiradeuz.org, que prefiren quedar no anonimato, insisten na veracidade da dobre opción normativa de Lobeira, a pesar de que oficialmente non “saíu do armario”. De seren certas estas informacións, estariamos ante o primeiro caso de ‘outing -facer público o reintegracionismo de alguén sen o seu consentimento- acontecido en Galicia.

A noticia de madeiradeuz.org podes vela aquí.

9 comments Outubro 30th, 2008

‘Paris for president’
[Versión galega - Galician version]

Aquí está a versión en galego (lembrade de ter os subtítulos activados) da nova canción de Paris HiltonParis for president. Queda constancia de que a excéntrica ex-herdeira multimillonaria ten ideas moi progresistas, algunhas aínda máis á esquerda ca as do propio Barack Obama.

Eis a versión en galego internacional de Galicia.

Paris presidenta!
No Palms gozando dun Martini
Paris presidenta!
A túa comandante en biquini
Cando che falen da miña política
para eliminar a envexa dos EUA,
incentivar a non proliferación nuclear
e ratificar Kyoto xa
poderás vir na miña comitiva
no meu híbrido e rosa [Cadillac] Escalade
Paris presidenta!
Fóra cos vellos clixés
Paris presidenta!
Poderás casar se es hetero ou gay
Se lle vas pintar os labios a un porco
mira ben que a sombra combine co ton da pel
Confía no meu dedo no botón
e nada de palabras tristes
Co gabinete hei negociar un paseo ao armario, hey!
Paris presidenta!
América debería poñerme ao mando
Paris presidenta!
Visto Bush, non debe ser tan difícil
Simon Cowell pode ser unha axuda
E se un dos xuíces espicha
heino colocar no Supremo
Hei pintar a Casa Branca de rosa
mentres penso nunha escapada a Maui
Paris presidenta!
Defensora da enerxía do aire puro
Paris presidenta!
Unha boa inconformista en [Washington] DC
O afogamento simulado é unha forma de tortura
e o quecemento global non mola
Crearei un departamento de policía de moda
e arranxarei a economía cos novos empregos
Á Estatua da Liberdade vestireina de Donna, Tommy e Calvin Klein
Paris presidenta!
Move o cuíño e vai votar
Paris presidenta!
ofrecendo consellos de beleza e esperanza
Paris presidenta!
Son Paris Hilton e doulle o visto e prace a esta mensaxe

E esta é a letra en inglés internacional dos USA.

Paris For President
At the Palms chillin’ with the martini
Paris For President
Your commander in bikini
When they tell you ’bout my policies
To stop the player hating on the USA
Incentivize Nuclear Non-Proliferation
And ratify Kyoto today
You can ride in the motorcade,
In my hybrid, pink, Escalade, Hey!
Paris For President
Not another oldie cliche
Paris For President
You can get married if you’re straight or if you’re gay
If youre gonna put lipstick on a pig,
Make sure that shade matches the skin-tone
You can trust me with my finger on the button
Nucular (Bush voice) a sad vocabulary don’t!
Trading in the cabinet for a walk, in, closet Hey!
Paris For President
America should put me in charge
Paris For President
Look at Bush it cant be that hard
Simon Cowell he might be a little mean
But when one of the judges kicks the bucket
I’ll put him on the Court Supreme
Then I’ll paint the white house pink
And look into a trip to Maui
Paris for President
A proponent of clean air energy
Paris for President
The real Maverick in D.C.
Water boarding is torture and
Global warming is totally not hot
I’ll make a department called the fashion police
And fix the economy with all of the new jobs
Makeover Lady Liberty in Donna, Tommy & Calvin Klein, Hey!
Paris for President
Get your cute little butt out there and vote
Paris for President
Dispensing beauty tips, and hope
Paris for President (repeats)
I’m Paris Hilton and I approve this message.

9 comments Outubro 30th, 2008

Principal periódico reintegracionista redacta titulares ‘à moda espanhola’

O ‘Novas da Galiza’, o principal periódico escrito en norma(s) reintegracionista(s) inclúe unha chea de titulares redactados ao estilo español internacional de España. Esta publicación, dispoñible para subscritores por só 24 euros ao ano, non emprega de forma sistemática o modo de titular típico da lusofonía, consistente en resumir dun xeito telegráfico o esencial da información, sen incluír partes “prescindibles” como artigos ou mesmo algunhas preposicións. Un escándalo con maiúsculas!

Explícoo con exemplos. Na portada do último ‘Novas da Galiza’ dispoñible na internet, o principal titular é o seguinte: “O BNG fortalece o seu tecido empresarial utilizando o poder das conselharias”. Pois ben, este tipo de titulares son altamente incompatibles co estilo lusófono, que optaría pola solución “BNG fortalece tecido empresarial utilizando poder das conselharias”. O mesmo acontece co subtitular.

Outro titular ao chou, xa en páxinas interiores, di: “O projecto de lei de serviços sociais abre portas à gestom privada das prestaçons”. Outro claro exemplo de titular redactado à moda espanhola. O seu equivalente sería: “Projecto de lei de serviços sociais abre portas a gestom privada”.

Noutras noticias que aparecen no periódico, nótase o esforzo por redactar correctamente os titulares, aínda que falta decisión á hora de suprimir artigos ou partículas que a lusofonía considera innecesarias.

Este tipo de redacción españolizante repítese insistentemente polas páxinas do periódico e, por ese motivo, véxome na obriga de suxerirlles aos responsables de ‘Novas da Galiza’ que en futuros números teñan en consideración estas observacións.

18 comments Outubro 29th, 2008

Exclusiva de última hora:
Inminente ‘outing’ VIP reintegrata

Un coñecido VIP (Very Important Person) da sociedade galega vai saír do armario de maneira forzosa grazas ao testemuño dun blogueiro reintegracionista. Fontes de toda solvencia indicáronlle esta tarde a alema.org que o ‘outing‘ vai ser inminente e que pode provocar un auténtico tremor de terra porque a faceta reintegracionista do famoso en cuestión non era de dominio público. Seguiremos informando.

3 comments Outubro 29th, 2008

‘Vai-te foder!’ vs. ‘Que te jodan!’

Sempre me sorprendeu o modo en que os portugueses o mandan a un a tomar polo cu. “Vai-te foder!”, din. E non me deixa de parecer curioso. Teoricamente, cando lle desexas mal a alguén non lle desexas que practique sexo, algo teoricamente pracenteiro. O que fan normalmente os españois é máis duro, pois invitan a algo que supostamente fai máis dano: un ‘Que te jodan!’ implica dano forzosamente, posto que ‘joder’ equivale a ‘fastidiar’.

O que está claro tamén é que son varias as linguas que recorren ao sexo anal para maldicir a alguén. Nós temos o “que che dean polo cu” ou “vai tomar polo cu”, que en portugués se di “vai tomar no cu” (coa preposición ‘en’ e non ‘por’), tal e como nos recordou a cantante brasileira Cris Nicolotti o verán pasado.

Logo xurdiron unha rea de eufemismos para non citar a palabra “cu” e maldicir do mesmo xeito: “vai tomar vento”, “vai tomar por aí” ou o popularizado por lurinha “vai tomar por onde se empezan os cestos”.

E falando de cus, atención a esta definición que aparece no Estraviz.

Ser um cu aberto: ter por costume deixar as portas abertas.

É ben sabelo porque así de primeiras, para que non coñeza a expresión esa… non sei… máis ben parece algo sacado do guión dunha película X. E, xa saben, eu sonlles de cidade…

48 comments Outubro 28th, 2008

Chuza!, ferida de morte?

Asisto con impotencia e bastante pena ao declive do que para min era un dos inventos máis guais que hai na rede. Chuza! é a miña terra (alí foi onde naceu alema) e é por iso que me doe máis no que se converteu. Nun principio, era un lugar máis para compartir e promover noticias, pero a cousa derivou nun cúmulo de despropósitos que escorrenta a calquera minimamente moderado e non só iso: tamén proxecta por veces unha imaxe nefasta da rede galega.

Para triunfar en Chuza! non se necesita moito: temas lingüísticos (a ser posible favorables ao reintegracionismo) e políticos (case sempre as ideas que defenden grupos nada representativos da sociedade galega ou directamente soberanistas) aderezados de certas doses de lercheo-que-non-ofenda (menos mal) e obviamente nada que poida cheirar de lonxe ao que algúns cualifican de “españolismo” (como comentar a operación de fociño da Letizia). Chega un tempiño relativamente curto para percibir cales son as noticias que son do gusto do “público” chuceiro… Fóra da “liña editorial predominante”, as posibilidades de éxito son poucas.

Este panorama pouco plural en Chuza! está provocando que nos últimos tempos sexan bastantes os usuarios que deixan de pasar por alí… A xente cunha mínima moderación acaba sentíndose excluída do invento ou, mellor dito, non se ve representada nel, o que é aínda peor. As noticias vótanse case sempre non en función do seu interese senón de quen as envía, hai grupos clarísimos de poder que funcionan coordinadamente e os temas repítense unha e outra vez.

Pois iso mesmo é o que ve a xente que entra en Chuza! Unha comunidade cada vez máis radicalizada, máis batasunizada, máis reitegrata pero en plan chungo,… en fin. Que a única rede social de promoción de noticias en galego reflicte tamén unha imaxe bastante distorsionada do idioma e ata do país. Ou é que todos os internautas galegofalantes responden ao perfil prototípico chuceiro? Disque non hai peor cousa para a normalización dun idioma que asocialo a unha ideoloxía determinada… imaxinen os efectos que pode traer por riba que esa ideoloxía sexa radical e sectaria..

Estou de acordo con Cesare e con outros que xa nin perden o tempo en dar explicacións. Grupos e ideoloxías extremadamente minoritarios encontraron en Chuza! unha ferramenta ideal para expoñerse, inconscientes se cadra dun risco importante: a falta de pluralidade acabará por facer pouco atractivo o invento, a xente deixará de usalo como referencia e cada vez será máis difícil que novos usuarios se sumen ao carro…

Non sei. O único que espero é que a deriva dos últimos meses acabe reconducíndose polo ben de todos. Oxalá Chuza! volva aos tempos do bo rollito que había cando eu nacín alí. Oxalá Chuza! consiga ser un referente de verdade dunha sociedade diversa que non enterra con tópicos este idioma.

——————————————————————————

PD: E moito ollo porque o virus parece que se estende tamén a Vieiros.

33 comments Outubro 27th, 2008

O castelán en certa publicidade pode chegar a ser contraproducente?

O outro día vin na tele que Coren sacou unha nova campaña para publicitar xamóns ao estilo ‘Central Lechera Asturiana. Si, eses que fan dos gandeiros os protagonistas dos spots, entre outras cousas, para gañar a empatía do consumidor. O que pasa é que Coren o que fixo foi gravar catro anuncios: tres deles en castelán e un cuarto en galego. E postos a vender “autenticidade”, cal dos catro pode resultar máis auténtico?

Os catro anuncios, segundo se explica na web de Coren, teñen tres televisións destinatarias: TVG, Antena 3 e TVE. E sospeito que a versión galega aparece exclusivamente na TVG porque o outro día vin unha das versións en castelán nas desconexións publicitarias para Galicia que fai Antena 3. E moito me temo que en TVE acontece o mesmo: é ben posible que a empresa ourensá contratase os anuncios só para a desconexión galega.

E digo eu… Se do que se trata é de gañar a empatía do consumidor e se estes anuncios se emiten en desconexión autonómica… Por que se aposta máis polo castelán ca polo galego? Cren realmente os creativos destes anuncios que saen “naturais” e “auténticos” os granxeiros así? Ou pode acontecer todo o contrario? Quero dicir, que á xente lle pareza forzado o uso do castelán neste caso en concreto…

Non sei. O caso é que o outro día lin que na TVG os anuncios en galego supoñen xa máis do 50% dos emitidos… pero de cando en vez aparecen estes episodios que a min me parecen un pouco “pintorescos”. O lóxico sería que Coren (ou debería de ser ‘Couren’ :D ?) fixese a aposta contraria, ao meu modesto entender. Facer tres anuncios en galego e un en castelán por se algún día se decide a emitir os spots fóra do país. Se o destino da campaña é o público galego, creo que o obxectivo de “proximidade” ou “empatía” non se alcanza nesta campaña.

14 comments Outubro 26th, 2008

Xuxa, a máis ‘diabólica’ das artistas lusófonas e as súas mensaxes subliminais

Poucas estrelas lusófonas teñen un éxito comparable ao da Xuxa, a brasileira máis coñecida entre os ‘baixiños’ (os nenos, vaia). Pero poucos saben a cantidade de barbaridades que soltan as súas cancións reproducidas ao revés.O anjo é do inferno; anota e escreve“, “Meu anjo é o diabo“, “O mundo do diabo está pra pegar você“, “Satanás, Satanás” ou “Satanismo” son frases que se poden apreciar claramente nalgúns temas da Xuxa cando se escoitan para atrás.

Advertencia: o vídeo que podedes ver no interior do artigo é desaconsellable para os máis sensibles. Iso si, o primeiro minuto é tamén un valiosísimo material escolar para reintegratas. Estades avisados! :D

23 comments Outubro 25th, 2008

Esquerda Nacionalista queda sen dominio

A web esquerdanacionalista.com non se pode consultar. O seu dominio está caducado. Alguén debeu de esquecer a renovación, e logo pasa o que pasa. O caso acontece só dous meses despois de que lle sucedese o mesmo ao xornal.com. Só espero que non me pase a min o mesmo. Glub! Recorda alema… a renovación en xullo, a renovación en xullo… :D

1 comment Outubro 25th, 2008

Os reintegratas ‘fixe’ que cecean deben pronunciar ‘Valenza’, ‘Melgazo’ e ‘Monzón’

A cuestión do ceceo pode converterse nun problema serio para os reintegratas fixe, os reintegratas 7 na escala de alema, eses que falan un galego practicamente idéntico ao galego RAG pero que logo escriben con grafía portuguesa. Porque, aplicando a coherencia, todos aqueles que cecean aquí deben cecear tamén alí abaixo, tendo en conta que para eles galego e portugués son o mesmo idioma.

Explícome. Que pasa cando un andaluz le un texto en castelán? Pois que o le conforme a súa fonética dialectal (uns seseando, outros ceceando, etc.). É dicir, un andaluz non abandona o seu acento cando fala en español estándar. Polo tanto, cando un reintegrata fixe cecea en Galicia ten que facelo en todas as circunstancias posto que considera que o portugués é o mesmo idioma ca o galego.

Daquela, cando un reintegrata fixe vexa escrito: ‘Hoje irei a Valença, Melgaço e Monção‘ ten que ler forzosamente /oshe irei a balenza, melgazo e monzón/ (e onde pon /z/ refírome obviamente ao fonema /θ/). Se un reintegrata fixe escribe ‘Arçua’ e le ‘Arzúa’ por coherencia tamén terá que ler ‘Balenza’ cando vexa escrito ‘Valença’. O mesmo acontece con ‘Monção’ e en realidade con todas as palabras que acaban en -ão ou -om. Se un reintegrata ve escrito ‘comunicação’ forzosamente terá que ler /komunikazón/ ou /komunikazión/ mesmo. Isto é o que debera ser por coherencia.

Pero a realidade indícanos que non é así. E por que? Porque o reintegracionismo no fondo promove un movemento asimétrico de lingua, é dicir, son os galegos os que deben adaptarse á grafía portuguesa pero eses mesmos galegos acaban trocando a súa fonética cando len textos en português padrão. Dito doutro xeito: é o típico caso do andaluz que deixa o seu acento para ler un texto en español estándar.

Logo unha solución podería ser a de abandonar o ceceo definitivamente, non? Nese caso, aplícase claramente a lei de alema: “o reintegracionismo chama sempre a máis reintegracionismo“. Dada a tamaña incoherencia que supón cecear aquí e non facelo alá, o reintegracionismo acabará por ditaminar erroneamente que o fonema /θ/ nos é alleo e que polo tanto todos os galegos debemos deixar de cecear, cando en máis da metade do territorio galego si que se distingue entre /θ/ e /s/. E unha vez máis volverá constatarse que, se mire por onde se mire, o reintegracionismo promove a asimetría: os galegos adáptanse ao portugués e o portugués non se adapta ao galego. Ou dito doutro modo: nova caída no colonialismo.

34 comments Outubro 24th, 2008

Algunhas conclusións da enquisa sobre as categorías de ‘galego’ na escala de alema

Pasou xa un tempiño desde que se publicou o artigo sobre as categorías de ‘galego’ na escala de alema (ver aquí) e houbo unha chea de persoas que participaron na enquisa (a maioría deles procedentes de chuza!, por certo). Á hora de escribir este artigo 133 usuarios contestaron á pregunta sobre que categoría se identificaban e, a verdade, hai algúns resultados que para min son sorprendentes.

- A inmensa maioría (un 23%, case un de cada catro) considéranse galegofalantes da categoría 5, é dicir, aqueles que respectan na medida do posible a actual normativa “oficial”.

- Dentro da órbita da norma oficial, son máis os que ven a normativa RAG demasiado lusista (8% do total identifícanse coa categoría 4, a que rexeita “grazas” e outras novidades das reformas de 2003) ca os que empregan unha norma algo máis aportuguesada da norma sen traspasar a barreira do reintegracionismo (os dos mínimos-máximos son o 6% dos que responderon)

- O segundo grupo máis ‘potente’ non son os reintegratas, senón os que falan para entendérmonos “galego de pueblo(categoría 2 da escala da alema), aos que non lles importa un carallo soltar un ou varios castelanismos pois iso é o que mamaron. Son o 20% fronte ao 23% que se identifican coa categoría 5 da escala de alema.

- O grupo dos reintegratas (categorías 7, 8, 9 e 10) é bastante numeroso, posto que xuntos todos eles conforman o 35% do total. É dicir, a proporción sería de 1 reintegrata fronte a 2 non reintegratas, máis ou menos. Tendo en conta que a maioría dos lectores deste blog (ou iso penso eu) son reintegratas, penso que na realidade (a de fóra da internet) a proporción debe ser moito, moito menor.

- Dentro dos reintegratas, predominan os fixe, os que falan galego “normal”, para entendérmonos, e logo escriben en norma reintegrata light (categoría 7 cun 14% do total). Pero logo están os máis radicais, os que estiman que o galego debe camiñar cara á súa uniformización total co portugués (categoría 10 cun 11% do total). Os freestyle (categoría 8 da escala) e os integristas (categoría 9) non triunfan tanto: obteñen cada un o 5% do total. Conclusión: o reintegracionismo tamén está polarizado e a tendencia é “o reintegracionismo chama sempre a máis reintegracionismo”.

- É tamén sorprendente que haxa tan poucos que falen castelán moi galeguizado (categoría 0 cun 3% do total)… Pero o que sen dúbida ninguén admite ser é falante de galego pigho ou con fonética pobre. Só dous usuarios recoñeceron que falan un galego cutre-fonolóxico. Unha mágoa porque deses usuarios o galego necesita unha chea, pero vaia…

Pero se cadra a principal conclusión que saco de todo isto é que 30 anos de normativización do galego non serviron para terminar co conflito entre partidarios dunhas e doutras correntes… demasiadas ao meu entender. As loitas mantéñense a pesar do dano que lle supón ao idioma andar con tantas “variedades”. Se cadra haberá que ir pensando no que acontecerá nos próximos 30 anos e que asumamos entre todos que coa lingua… non se xoga.

Por certo, aínda estás a tempo de participar na enquisa. ;-) Está na barra lateral dereita deste blog, un chisco máis abaixo.

9 comments Outubro 23rd, 2008

Previous Posts


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta