A favor da ‘feminización’ ou travestismo ocasional dos nomes das letras
A ver. Eu non discuto a norma, coincidente en galego e en portugués. Os nomes das letras son masculinos: o a, o be, o efe… Pero, digo eu… E non podían ser femininos tamén? E ollo que estou dicindo a palabra máxica “tamén“, enténdaseme por favor. Por lóxica, e non por influencia do castelán nin farrapos de gaita, non debería ser incorrecto dicir “a hache”, “a ene”, etc? Poño exemplos.
![]()
Imaxinade. Estades xogando cun rapaz. E preguntádeslle: “Que letra é esta?” Non sería normal que cativo respondese “a uve” ou “a ese”? O cativo (e un adulto tamén) ten na cabeza o xénero de “a letra” e por iso é normal que se responda desde xeito. Responder “o uve” ou “o ese” implica un cambio de xénero con respecto ao que se pregunta. Por que é correcto dicir “a letra uve” e incorrecto “a uve”, eliminando a palabra “letra” que se dá por sobreentendida? Non sei se me expliquei ben, pero é algo que me dá voltas na cabeza.
Home, ben mirado, non deixa de ser curioso que os nomes de letras (”letra” é unha palabra feminina”) sexan masculinos. Ademais, non había ter vantaxes o feito de que se puidesen utilizar a gusto do consumidor o xénero masculino e feminino neste caso? Os grupos que defenden iso dos xéneros duplos politicamente correctos (”os alumnos/as alumnas”, “os nenos/as nenas”, etc) habían estar ben satisfeitos/satisfeitas!
.
Tamén pode haber unha solución máis radical: facer que “letra” sexa masculino… e así non habería problemas: “-Que letra é este? -O (letra) uve”.
(É broma)
Agora en serio. É unha animalada o que estou dicindo? ![]()
46 comments Setembro 29th, 2008


