Julito faille as beiras á nosa Raquelita, que constata o seu ‘extreme makeover’
Estamos a sábado, día de relax, e toca frivolizar un pouco con Gran Hermano. Hoxe descubrín que Julito, o canario cachas-místico lle está tirando os trastos á miña amiga Raquelita. A Julito chámanlle así no programa. A Raquel decido eu desde agora poñerlle Raquelita, en homenaxe a tantas galegas ás que no pasado lles puxeron diminutivos terminados en -ita (tipo Manolita a de non sei onde ou Rosita a de non sei cantos) ou a tantos nenos que tamén pasaron polo calvario do -ito. Por certo, teño xa probas que demostran o cambio radical (mudança radical ou extreme makeover) de Raquelita. Con tanto “retoque” como non me ía custar recoñecela!
Aquí tedes o antes de Raquel, tal e como a coñecín eu.
E aquí está a de agora, a do ano 2008.
Como se pode observar, nada que ver. Está refeita completamente. Pelo (cabelo), cellas (sobrancelhas), pómulos (maçãs do rosto), a furada do queixo (covinha)… [por certo, quen dixo por aí que se os nomes das partes do corpo eran idénticos estabamos a falar de idiomas iguais?]
Por outro lado, teño que dicir que a nosa amiga de Vimianzo con acento eghque cada vez o ten máis chungo seguir na casa. O seu rival nas nominacións, Carlos, está usando artillería pesada.
Por un lado, preséntase como unha vítima ante a audiencia botándolle en cara a Raquel que o nominase. Por outro, o galán está iniciando unha manobra de aproximación coa canaria Gisela para dicirlle á audiencia: “se me salvades, heime liar con ela”. Conclusión: só un milagre pode salvar a gandeira de Baíñas da patada no cu definitiva.
By the way, xa que falamos de latriqueos, a famosísima Aída Nízar (ben coñecida por Lugo, por certo) podería ingresar en prisión a semana que vén. Ten unha condena firme de dous anos e outras tantas sentenzas por executar. Infórmate aquí.
8 comments Setembro 27th, 2008





