Eva, a das vacas de Vimianzo, cun pé (e medio) fóra da casa de Gran Hermano
Bueno. Hai que ir empezando a diversificar temáticas neste blog. Como xa vos adiantei no mini-chat, abro sección dedicada a “Gran Hermano”, que publicarei sempre que aconteza algo relevante no concurso… Hoxe aproveito para constatar as escasísimas posibilidades que teñen de gañar calquera das dúas consursantes galegas. A Eva, a gandeira de Vimianzo, témola cun pé e medio fóra da casa e a Raquel, a pija-piloto á que teño o gusto de coñecer, será expulsada figho nada máis a nominen.
Eva non ten fácil quedar no concurso. Está nominada xunto a un insulso broker chuliboy cántabro chamado Carlos Hoya (apelido para rimas fáciles) que non esperta grandes paixóns dentro da casa, pero tampouco fóra dela (é dicir, é pouco probable que as maris gasten cartos en botalo). Pola contra, a nosa Eviña limpa-merda-das-vacas-por-semana xa foi presentada como ‘borde’, ‘croco’ e ‘repugnante’ ante a audiencia, unha tía que non “conecta” ben con ninguén da casa. A Eva (quita eses pendentes horrorosos, muller!) hai que agradecerlle que metese algo de galego no concurso (chamoulle “feirante” a Orlando) pero tamén sorprende o seu pouco acento galego (eu escoiteille ata algún “egh que”).

A que fala pijo-pijo-superguay é a nosa amiga Raquel. Eu cando a coñecín xa notaba que lle patinaban algo os “eses”, sssabesss? Vexo que a evolución foi a maior patinaxe cos anos. Constato que Raquel cae mal. Onte mostraron imaxes do ‘casting’ e xa se ve cal foi a “arma” que empregou para coarse na casa: a súa “amizade” con xogadores do Real Madrid. Conclusión: a xente vaina ver coma unha oportunista e sairá da casa así que sexa nominada. Por certo: que peliño tan cativo ten a pobre! Eu cando a frecuentaba tiña o pelo curto e non se lle notaba tanto a fronte. E as cellas, os labios, os dentes… eu creo que non eran así cando a coñecín, pero vaia… a miña memoria pódeme fallar.

En fin, que xa vai estando claro quen ten posibilidades de gañar: a Ana Toro, ex-pija bohemia, ten todas as papeletas de triunfar coas súas paridas algo forzadas por veces. A esta hai que dixerila con calma porque pode ser tan cargante coma o “morritos” catalán ao que a audiencia (con razón) expulsou onte. Seguro que “daba xogo” pero era ‘mazador‘ de máis.
O resto dos concursantes non me causaron de momento ningunha excitación. Moita guapita e moito cachas pero pouca substancia. Iso si, devezo por ver a Mercedes Milá disfrazada (perdón, vestida) co “traxe rexional” de galega.
9 comments Setembro 24th, 2008


