Unhas cantas cousiñas…
Bueno. Non todos os días un ten un tempo, inspiración, novidades,… O caso é que hoxe andei un pouco apurado e non puiden dedicarlle o esforzo necesario ao blog, o que vós merecedes. De todos os xeitos, aproveito para comunicarvos unhas cantas cousiñas:
- O blog do amigo gerardinho reabriu recentemente nun novo enderezo: www.madeiradeuz.org. Moi recomendable! Visitádeo, por favor
- O vídeo do Osiño Gominola superou xa as 1.000 visitas en Youtube; o Coelliño Orelliñas xa pasou tamén das 250 visitas en pouco máis dunha semana. Fixe!
- Estou pensando en poñer no blog un sistema para que vos poidades rexistrar e se cadra colaborar máis activamente. Non sei.. Dicide vós se vos apetece ou se o considerades unha boa ou mala idea.
En fin, que mañá será outro día. Unha aperta a todos.
8 comments Setembro 19th, 2008


