Arquivo de 18 Setembro 2008

Medicamentos con nomes galegos e… reintegratas tamén!

Baixo que criterios se inventarán os nomes comerciais dos medicamentos? Porque case todos parecen seguir o mesmo esquema: teñen un ‘look’ científico e adoitan conectar ben co consumidor. Son nomes comerciais que se empregan en varios países… só que algúns deles os sentimos máis propios ca outros.

Tal é o caso do Dolmen, monumento megalítico contra a dor de cabeza e o que faga falta.

Pero hai máis. A ver, hai algo máis galego ca un bo Plantaben?

Nas farmacias tamén é posible comprar Karaya, o que pasa é que os fabricantes non deben saber o estraño que pode soar aquí. Por certo: a Karaya é un produto para perder peso.

Os amigos reintegratas tamén se poden ver representados nos medicamentos. Hai por exemplo o Herbetom, moi bo contra as caterreiras.

…Aínda que sen dúbida o medicamento reintegrata por antonomasia é o arquicoñecido Sintrom. Eu, se fose a AGAL, incluía a palabra no Estraviz xa. :D

15 comments Setembro 18th, 2008


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Setembro 2008
L M M X V S D
« Ago   Out »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Categorí­as

Tags

Meta