Arquivo de 14 Setembro 2008

Exclusiva: A Lurinha máis auténtica non fala en reintegrata coas veciñas

A compañeira Luriña foi sorprendida falando en galego non reintegrata cunha veciña. Aquí están as probas. :D

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Unha vez máis, queda demostrado que a naturalidade volve estar por riba de calquera corsé reintegracionista. Esta gravación mostra unha Lurinha falando en galego de verdade con xente do seu contorno. E cando digo de verdade, refírome a un galego afastado do modelo que propón o reintegracionismo.

Por exemplo, Lurinha di “xa o traio eu” mentres que en galego reintegrata sería “já o trago eu. Pero, claro, a veciña pensaría que lle estaba falando de “tragar” e non de “traer” (de “trazer“, como diría un bo reintegrata). E non queda aí a cousa… Lurinha sorpréndenos cun “ai, bueno” coma un mundo, cuns cantos “verdá”… E ata chega a dicir “antiguamente”! (con preciosa gheada, iso si).

As conclusións logo volven ser as mesmas:

- Se a Lurinha lle falase en galego reintegrata, a veciña había pensar que lle estaba falando estraño e dificultaría a comunicación.

- A Lurinha non necesita o reintegracionismo para ser galega; xa é galega dabondo falando como fala. Non necesita buscar fóra (no portugués) o que xa ten dentro.

- A naturalidade ao poder! A Lurinha volve ser máis auténtica sen conservantes e colorantes reintegratas.

Bueno, é evidente que Lurinha non foi “sorprendida”; é unha gravación que me pasou ela mesma para que comentásemos un pouco do galego que fala a xente da súa zona e tal. O que si que me gustaría da Lurinha é que aprendese a escoitarse de verdade a si mesma. E non me refiro a que non se recoñeza a voz nunha gravación, cousa que nos acontece a todos.

Eu o que lle pido a Lurinha é que vexa que ese galego que empregan tanto ela como a súa veciña é o que hai que conservar. É posible que teña algúns castelanismos, pero a base é forte… ten bos alicerces. A Lurinha cumpriríalle deixar de auto-odiarse por empregalos e asumilos como naturais. Que algúns deles había que erradicalos? Pois claro! Pero iso é unha tarefa que non se fai de hoxe para mañá. Levará algún tempo e hai que ter paciencia.

O que non se pode facer, ao meu entender, é pretender mudar unha sociedade enteira de golpe; dicíndolles que o que falan é unha merda ou que son uns sometidos… simplemente porque non o é. E sobre todo non buscar fóra o que xa temos na casa. Na nosa casa temos unha historia que hai que respectar. Na nosa casa hai unha sociedade cun pasado que non se pode borrar pero que agora elixe democraticamente o seu futuro. E moito me temo que a maioría dos galegos non van mudar, por exemplo, o seu “traer” (castrapo seguro para os reintegratas) por “trazer“, que é outro estranxeirismo máis na lingua galega.

Gustaríame que a Lurinha vise que esa teima por ver unha sociedade radicalmente oposta á que é na realidade xera unha frustración que se vai alimentando día a día e que non conduce a ningunha parte, máis que a facerse dano a un mesmo. Hai que aprender a aceptarse un mesmo, a aceptar a sociedade na que un vive tal e como é, non como nos gustaría que fose… Dígollo con todo cariño e polo seu propio ben. ;-)

31 comments Setembro 14th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Setembro 2008
L M M X V S D
« Ago   Out »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Categorí­as

Tags

Meta