Arquivo de 11 Setembro 2008

Boa educación

Leo por aí que a Generalitat de Catalunya vai lanzar unha campaña destinada aos catalanfalantes para que non pasen ao castelán se o seu interlocutor se dirixe a eles en español internacional de España e variantes. E home, salvando as distancias que temos con Cataluña, pregúntome que carallo custará aplicar o sentido común…

Explícome… Eu son galegofalante 24 horas. Falo sempre galego con todo o mundo, mesmo con estranxeiros e inmigrantes, veñan de Cymru, Suramérica ou Romanía… ata falo galego cos chineses dos bazares. E cando o meu interlocutor non presenta sinais de dificultade para entender, non hai problema. Eu sigo falando galego e o outro continúa falando castelán. E todos contentos.

Ora ben, cando vexo que o meu interlocutor non entende, polas razóns que sexan, o que lle estou dicindo, mudo ao español internacional de España. E dáme igual queimarme no inferno. Eu creo que é un sinal de verdadeira boa educación aquí e en Pequín/Beixín/Beijing. Se eu podo falar castelán, por que non o vou facer se o meu interlocutor me dá mostras de que non entende? O mesmo acontecería cun francés ou cun inglés que me viñese preguntando información turística. Cambio de lingua e punto. Sen complexos. Por que co castelán había ser distinto, se tamén o sei falar?

Os nosos amigos portugueses para iso sen exemplares… ás veces demasiado exemplares. Cantas veces en Portugal pasan ao castelán mesmo cando lles falas en portugués (non en galego) mesmo intentando imitar o seu acento, por outra parte tan difícil de copiar! Ti queres ser fixe con eles, e eles empezan a falar deseguido en portunhol… A min faime moita coña, sobre todo, cando traducen o artigo “o” por “lo” (en vez de dicir “el coche” din “lo coche:D , por exemplo).

Eles devecen por facerse entender. E non comprendo por que nós non habemos facer o mesmo. Ou é que eles tamén son vítimas do españolismo? E iso por non falarmos do nivel de inglés que teñen os cabritos, en boa medida grazas aos programas de televisión que ven en versión orixinal. É curioso pero eles non teñen a vergonza que adoita haber neste lado da fronteira á hora de falar idiomas estranxeiros. Alá non hai medo ao ridículo. Como ten que ser!

Ah! E unha cousa non quita a outra. O feito de que sexa partidario de cambiar de idioma cada vez que alguén non me entende non implica que non crea necesario reivindicar os meus dereitos lingüísticos. Considero que empresas e institucións teñen que garantirme que eu poida facer a miña vida normal no meu idioma, neste caso, o galego internacional de Galicia.

32 comments Setembro 11th, 2008


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Setembro 2008
L M M X V S D
« Ago   Out »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Categorí­as

Tags

Meta