Sobresaliente en galego oral; suspenso en portugués falado
O noso amigo Castelhano envíame uns cantos arquivos de audio onde un amigo seu le algúns textos en lingua portuguesa para que os analicemos un pouco entre todos. En concreto, enviou tres gravacións: unha dunha noticia, e dúas poesías. Todas elas teñen un denominador común: o individuo que le ten un galego perfecto pero merece un suspenso en lingua portuguesa oral. Xulgade vós mesmos.
O primeiro audio é a lectura dunha noticia sobre o furacán ‘Ike’.
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
É evidente que o amigo do Castelhano fai un esforzo por ler o texto en portugués. O seu galego oral é moi bo porque pronuncia á perfección cando le algunhas palabras coincidentes en galego e no portugués. Pola contra, patina ao meu entender cando intenta ler en portugués. A ver. Eu se fose profesor de portugués nunca escola de idiomas, por exemplo, suspenderíao con certeza absoluta, posto que este lector non me demostra saber articular fonemas propios do portugués: non atina coas vogais nasais, non pronuncia ben ‘rajadas’ (nin o r nin o j portugués), le ‘cinco’ ceceando, non distingue entre sibilantes sonoras e xordas… polo tanto, suspenso en lingua portuguesa oral, con toda a dor de corazón.
A ver. Se eu examino de lingua galega oral un alumno e o pobriño non me sabe distinguir abertas e pechadas, non me le enes velares, non me sabe pronunciar ben o xe, etc. Que merece? Un aprobado ou un suspenso? Pois o mesmo merece o amigo de Castelhano con respecto ao portugués, un idioma que ten fonemas propios que non se deben desprezar parapetándose no galego. O portugués non é unha carallada que sabe calquera; é unha lingua que hai que respectar!
Compárese a pronuncia do amigo de Castelhano coa que fai unha máquina (o Eusébio, a voz masculina en portugués de Loquendo).
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Queda clara a diferenza, non? Bueno, imos quedar coa parte positiva: as dúas poesías que nos gravou o amigo de Castelhano, unha do poeta transmontano Miguel Torga e a outra, do mozambicano José Craveirinha. A análise sobre a súa oralidade é a mesma, pero o importante é “participar e divertirse”, como dicía Torrebruno.
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
E graciñas a Castelhano e ao seu amigo pola súa colaboración, claro. ![]()
82 comments Setembro 10th, 2008


