Arquivo de 9 Setembro 2008

A ‘cursilada’ da letra do ‘Coelliño’ ben merece que lle metamos o dente

Bueno, 24 horas despois de publicar o vídeo do ‘Coelliño Orelliñas’ aproveito para comentarvos que copiei boa parte da letra da versión portuguesa, pero tiven que cambiar parágrafos enteiros porque simplemente non se entenderían a este lado da raia. Iso si, intentei manterlle as mesmas cursiladas ou parecidas para que ninguén se estrañase. Se vos parece, imos meterlle o dente á letra.

Imos por partes. Na primeira estrofa dise na versión portuguesa: “És o meu grande amor / sem ti a vida não tem cor /abraçar-te todo o dia /
a vida tem magia
“. Evidentemente, en portugués magia rima con dia. Pero en galego case ninguén sabe o que é a “maxía, polo que houbo que facer un troco. Para os reintegratas será “magia“, con acento no i, pero non para a maioría dos galegofalantes. Tamén metín a segunda forma do artigo en “Es o meu grande amor”, simplemente para recordar que tamén é un fenómeno propio do galego, aínda que eu persoalmente detesto grafalo (agradézolle infinito á RAG que como opción preferente recomende non escribir pero si ler a segunda forma do artigo).

Segundo parágrafo da versión portuguesa: “abraçinhos e beijinhos / vou te dar muitos miminhos / do fundo do coração / é para ti esta canção“. Abraços podería pasalo a abrazos pero mólame máis “apertas”. Miminhos” traducino por “mil aloumiños” posto que “mimo” en galego del normal é o tipo que fai mímica. Os mimos do castelán e do portugués en galego serían “mecos”. Os dous últimos versos tamén os cambiei porque “corazón” e “canción” riman en asoante, polo que preferín: “estou cheo de cariño / sonche o teu peluchiño”.

Seguinte estrofa: “és mais fofo que um pão-de-ló / dou-te beijinhos de esquimo / és o sonho mais bonito / meu peluche favorito“. O uso de “fofo” como sinónimo de “brando” está alí máis estendido ca aquí, se cadra. O pão-de-ló, simplemente, pouca xente o controla por Galicia. Fíxense que no portugués non existe o “che”, por iso eu intento utilizalo non só cando corresponde senón tamén como dativo de solidariedade, propio do galego e non do portugués: “Sonche o teu peluchiño”.

E por último, a traca final: “não imagino a cheri / a coisa mais doce que vi / és a minha estrela guia / sem ti não tenho alegria”. Que carallo é a cheri? Nin puta idea. Houbo que cambiar outra vez.

Bueno, aquí tedes a versión en portugués internacional de Portugal. Por favor non comparedes a calidade vocálica das dúas versións porque, evidentemente, aí saio perdendo :D

Conclusión: o galego é un idioma con características propias que ben merece unha versión á parte. Se portugués e galego fosen o mesmo idioma, non faría falta unha adaptación do Coelliño Orelliñas, unha canción cursi, cursi, cursi como poucas. Por certo, algunha suxestión para adaptar a palabra ‘cursi’ ao galego? A min non se me ocorre ningunha. En portugués dise “brega“, pero a min recórdame a unha mestura entre “braga” (que alí se di “cueca“) e “verga” (que aquí pode significar “carallo”)… e creo que non é plan.

——————————————————————-

Coming up tomorrow: Castelhano vai demostrarnos que un galego pode ler en portugués (outra cousa é o resultado final, claro) ;-) Stay tuned

92 comments Setembro 9th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Setembro 2008
L M M X V S D
« Ago   Out »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Categorí­as

Tags

Meta