Coelliño Orelliñas, versión galega do Snufi ou Schnuffel ou como carallo se chame
E despois do Osiño Gominola, tachan-tachán!… Outro ghit en versión galega. Nesta ocasión é o Coelliño Orelliñas, adaptación do coñecido Snufi ou Schnuffel que non sei de onde carallo saíu pero que actualmente está no número 1 de descargas a móbiles. En fin, espero que vos guste.
A letra, a continuación.
Es o meu grande amor
Sen ti a vida non ten cor
Abrazarte todo o día
Éche toda unha alegría
Apertiñas e biquiños
Vouche dar mil aloumiños
Estou cheo de cariño
Sonche o teu peluchiño
Na na na na na na, etc
Ao teu carón estarei
Biquiños eu che darei
Es o soño máis lindiño
De calquera coelliño
Apertiñas e biquiños
Vouche dar mil aloumiños
Estou cheo de cariño
Sonche o teu peluchiño
Na na na etc.
Non imaxino vivir
Se non estás xunta min
Es a a miña estrela guía
Sen ti marcha a alegría
Apertiñas e biquiños
Vouche dar mil aloumiños
Estou cheo de cariño
Sonche o teu peluchiño
Na na na, etc
Es o meu grande amor
Sen ti a vida non ten cor
Abrazarte todo o día
Éche toda unha alegría
Apertiñas e biquiños
Vouche dar mil aloumiños
Estou cheo de cariño
Sonche o teu peluchiño
7 comments Setembro 8th, 2008

