Putos, putas e ‘putalhadas’

4/Setembro/2008

A raíz de escribir a tradución do ‘Chuliboy’ do Projecto Mourente para ‘Rufião’ refresquei unha serie de palabras portuguesas que xa case tiña esquecidas e que dan a entender ata que punto é un tanto sexista a linguaxe… Porque un ‘Chuliboy’ tamén pode ser un ‘puto’… e hai que ver canto cambia o significado se se troca un -o por un -a! E iso é algo que acontece en varias palabras.

A ver. Un ‘puto‘ non é estritamente un ‘prostituto’ en Portugal. Pode selo pero normalmente non tería por que ser así. Un puto é un rapaz, un raparigo, un ‘ioguriño‘, vaia. Pero non se lle ocorra chamarlle ‘puta’ a unha nena porque unha puta é unha puta e non unha rapariga. Que cousas, non?

E atención. Cando escoites a palabra ‘putalhada‘ non te enganes, non. É unha reunión de ‘putos’, é dicir, de cativos, de crianças... E chama a atención o feito de que ‘puto’ en portugués tamén signifique pederasta, homosexual, pervertido. Pola contra, o Estraviz só recolle ‘puto’ como equivalente de prostituto ou efeminado. E agárrense! Para o dicionario dos reintegratas, un putom non é unha gran puta; é sinónimo de ‘puto‘.

Ora ben, o que máis me sorprendeu do Estraviz é que inclúa o verbo ‘putear’, como sinónimo de amolar, que eu toda a vida crin que era un castelanismo… Desde logo, en Portugal, que eu saiba, non empregan tal cousa… De onde sairía logo? :D

Bueno, volvendo ao tema dos significados diferentes segundo o xénero: non é o mesmo dicir en portugués ‘um gajo‘ (un tipo) que ‘uma gaja‘ (porque a tipa se converte automaticamente en muller de ‘mala vida’). A palabra pasa a ser malsoante así que se lle cambia o xénero. Pola contra, non encontrei este fenómeno con ‘fulano’ e ‘fulana’. Se cadra alí non ten a mesma carga pexorativa que pode ter por estes lares.

E para terminar dúas reflexións máis:

1º) É galego empregar “puto/puta” como adxectivo? Eu creo que si. Alén do Miño non o fan, pero nós aquí si que o facemos. Refírome a expresións do tipo “non tes nin puta idea”, “todo o puto día traballando”, etc. Sería asumible polo galego tamén “de puta madre”?

2º) Ollo coa palabra “cabra”, que en Portugal pode ser tamén “puta”. De aí que mellor non dicir “estás coma unha cabra ou peor aínda “estás coma unha puta cabra“. É do piorio que se pode dicir alá. Curioso é tamén que alá se usa “cabrão” para designar o animal e tamén o marido traizoado pola muller, mentres que aquí o significado adoita ser tamén o de “home que goza de moitas mulleres”.

Como mola o calão!

Artigo gardado en: lingua, reintegratas

5 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. Gerardinho2000  |  4/Setembro/2008 at 7:49

    “Puto” também significa um tipo qualquer [igual que "gajo", "fulano", "caralho" (sim, caralho :D)].

  • 2. lurinha  |  4/Setembro/2008 at 14:54

    Umha tia do meu homen,de Camarinhas, para se referir a algumhas famílias que tinham muitas mulheres mães solteiras, dizia:
    Esses são de raça puta!
    Se roubavam, “de raça ladra”
    E assim sucessivamente…Camarinhas é como um filme de Kusturika Atlántico.

    Minha mãe, quando está comigo e com minha irmá, sempre nos chama putonas ou cabronas. Sobre todo, se lhe gastamos bromas ou brincadeiras sem se decatar.

  • 3. lurinha  |  4/Setembro/2008 at 14:55

    Esse caralho que é o que está a fazer…!
    Tamém se escuta por aquí.

  • 4. alema  |  4/Setembro/2008 at 15:00

    #3 eu tamén o escoitei… pero “carallo” só se emprega con expresión do tipo “o carallo ese/este/aquel” ou “este/ese/aquel carallo”.. quero dicir… non se é un sinónimo perfecto de “fulano”. por exemplo, non se diría “o carallo díxome tal cousa” ou “encontrei un carallo que me dixo tal outra”… non sei… é coma se só funcionase cun demostrativo :D

  • 5. Gerardinho2000  |  4/Setembro/2008 at 20:29

    #4 Curiosas cousas tem a (nossa) língua :)

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS


Aínda non asinaches no manifesto a favor de 'bueno'?

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 22:59

alema: non che abre en quin.tv? http://quin.tv/video/117-o-reintegracionismo

llik: Meu Deus! acábome de decatar de que eu só pido cousas neste blogue haha

llik: Eu sigo a non poder ver o video de Quin... poderias colgalo no Youtube xD

one2: acabo de ver o vídeo a quin :lol: conta coa resposta politicamente correta :-D

alema: :D :D para que escribirán a trapallada esa?

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Setembro 2008
L M M X V S D
« Ago   Out »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Categorí­as

Tags

Meta