Arquivo de 2 Setembro 2008

Os usuarios dos ‘clubs de amigos’ dos xornais non falan galego

Como é posible que non apareza unha soa palabra en galego nas ducias e ducias de mensaxes que aparecen nos ‘clubs de amigos’ que hai nalgúns xornais do país? Seguro que algunha vez caeu algún deles nas vosas mans… eses que ofrecen “amistad“, “chico busca chica“, “chica busca chico“, “chico busca chico“, “chica busca chica” e ese morboso “otras relaciones“. O caso é que eu, polo que vin, non existe ninguén con vontade de relación en galego. É ben peor ca nas esquelas, onde polo menos o noso idioma vai asomando a orella.

Non podo crer que non haxa ningún usuario destes servizos que non empregue o galego como lingua habitual. Por que logo non aparece o galego nos anuncios? Será un servizo foráneo que non admite esa posibilidade? Ou será que os que acceden a esas páxinas de contactos presupoñen que non van ter éxito por anunciarse en galego?

Non o sei. O caso é que me dá algo de morbo probar… pero, francamente, de 1,16 a 1,50 euros por minuto por facer unha coña paréceme un calote coma un piano. De todos os xeitos, non coñecedes por aí alguén que quixese aliviar a súa soidade chamando a estes servizos? Que tal lle foi a experiencia? O que é innegable é que o servizo ten adeptos… porque senón non se explica que se publiquen anuncios deste tipo todos os santos días. Será isto máis efectivo ca a propia internet?

Bueno, sexa como for, máis ca o servizo en si preocúpame se é normal esta ausencia total do galego nas páxinas de “relacións dos xornais”. Pasará o mesmo co catalán? Son preguntas que de momento non teñen resposta…

26 comments Setembro 2nd, 2008


AVISOS


Aínda non asinaches no manifesto a favor de 'bueno'?

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 22:59

alema: non che abre en quin.tv? http://quin.tv/video/117-o-reintegracionismo

llik: Meu Deus! acábome de decatar de que eu só pido cousas neste blogue haha

llik: Eu sigo a non poder ver o video de Quin... poderias colgalo no Youtube xD

one2: acabo de ver o vídeo a quin :lol: conta coa resposta politicamente correta :-D

alema: :D :D para que escribirán a trapallada esa?

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Setembro 2008
L M M X V S D
« Ago   Out »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Categorí­as

Tags

Meta