Hoxe é o día do blog
31/Agosto/2008
Aproveito que aínda queda unha hora para que termine o día do blog para recomendar 5 bitácoras que me molan, tal e como recomendan que se faga desde o http://www.blogday.org/.

Teño que recoñecer que son máis ávido lector de prensa “convencional” ca de bitácoras, pero aínda así hai algunhas que me gustaría recomendarvos.
1- astuasbalas.org do amigo cesare
2- opaco.org (e cousas.opaco.org) por rescatar a ratiña lola (nunca che estarei dabondo agradecido)
3- modestoweb.org (tamén polo dedo da mala educación que mostraba no seu avatar de chuza! e que cambiou por unha flor)
4- sihomesi.com
5- projecto mourente (son fan)
Hai outras dúas páxinas que vou recomendar non son blogs exactamente pero son parte de alema xa
- lareta.net (páxina para facer micro-blogging e onde se pode facer autobombo a pracer)
- chuza.org (rede social de noticias de onde xurdiu o personaxe de alema)
Tamén quixera recomendar os blogs dos que pasan por aquí a comentar (os seus enderezos están clicando nos seus nomes nos comentarios)… todos contan historias estupendas! Devezo ademais por que o gerardinho reactive o seu blog para poder trollear con el tamén vía bitácora ![]()
Artigo gardado en: fricadas


11 comentarios Deixa o teu comentario
1. lurinha | 31/Agosto/2008 at 23:43
Fricadas?
Como que fricadas?
Os blogues não som fricadas, meu. Nem mais nem menos que quaisquer outras parcelas da realidade.
Certamente, não sabia nada do dia do blogue. Há tantos dias de, que já me perdo.
Eu apontaria-me a um dia dos que tem pánico aos lostregos e às treboadas com aparato eléctrico. Não posso aturar desde a primeira que vivi.
2. alema | 31/Agosto/2008 at 23:51
fricadas pola celebración do día, non polos blogs en si

e sobre os raios xa falaremos outro día
3. Chimpín | 1/Setembro/2008 at 1:46
Alema, tes unha gralla. É Projecto Mourente, con j.
4. alema | 1/Setembro/2008 at 9:15
#3 ai, si… é verdade… paso a corrixir
http://br.youtube.com/watch?v=CSZ3xmuCPUM
aínda que xa sabedes que eu, como a pantoja: “la jota hace daño”
5. Gerardinho2000 | 1/Setembro/2008 at 10:35
#3 Ah, querias “isolar” Projecto Mourente, rufião :D!!
6. Nemigo | 1/Setembro/2008 at 11:42
caeríase modesto (modesto pailán) por tódolos motivos
chuza -> por corporativismo endogámico
lareta -> por geek (gay) software non rematado, nula aportación de contidos…
Habería que facer unha listaxe de blogs a non visitar tamén
7. opaco | 1/Setembro/2008 at 13:22
agradecido eu, por recomendar o blog

e si, seguimos coa ratiña lola en réxime de alugueiro …e iso que dicían que lle ían restaurar a súa casa de sempre
8. alema | 1/Setembro/2008 at 13:27
#6 “nula aportación de contidos” en lareta, nemigo? e logo os teus estupendos comentarios alí? a min molábanme
9. sHs | 1/Setembro/2008 at 16:47
Eu tamén son fan seu. E estoulle dobre (a maiores de enormemente) agradecido porque parece que o meu é o único blog do que non dá motivos para elixilo.
(Aproveito esta oportunidade para adiantar que eu non lle vou facer caso á recomendación e facer o meme de marras porque me parece unha ordalía, a verdade).
10. alema | 1/Setembro/2008 at 16:52
#9 elixín o seu blog por todo en xeral e nada en particular
11. Nemigo | 1/Setembro/2008 at 19:46
a min tamén. Pero non é posible estar a dar sen recibir (prégase non facer comparanzas)
Unha páxina ten tamén que aportar e lareta non da iso. O software non está rematado e as melloras features non van no senso de achegarse aos usuarios, a aportar contidos e animar a facelos
Xa o mellorarán
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS