Aproveito que aínda queda unha hora para que termine o día do blog para recomendar 5 bitácoras que me molan, tal e como recomendan que se faga desde o http://www.blogday.org/.

Teño que recoñecer que son máis ávido lector de prensa “convencional” ca de bitácoras, pero aínda así hai algunhas que me gustaría recomendarvos.
1- astuasbalas.org do amigo cesare
2- opaco.org (e cousas.opaco.org) por rescatar a ratiña lola (nunca che estarei dabondo agradecido)
3- modestoweb.org (tamén polo dedo da mala educación que mostraba no seu avatar de chuza! e que cambiou por unha flor)
4- sihomesi.com
5- projecto mourente (son fan)
Hai outras dúas páxinas que vou recomendar non son blogs exactamente pero son parte de alema xa
- lareta.net (páxina para facer micro-blogging e onde se pode facer autobombo a pracer)
- chuza.org (rede social de noticias de onde xurdiu o personaxe de alema)
Tamén quixera recomendar os blogs dos que pasan por aquí a comentar (os seus enderezos están clicando nos seus nomes nos comentarios)… todos contan historias estupendas! Devezo ademais por que o gerardinho reactive o seu blog para poder trollear con el tamén vía bitácora 
Agosto 31st, 2008
Pasa o tempo e non me dou afeito a “grazas”, chico. E mira que o intento. Mira que intento empregalo pero na miña boca e na dos outros non deixa de soarme artificial! Os cambios da normativa oficial de hai cinco anos trouxeron moitas cousas boas, pero sen dúbida o grande erro foi o esa fórmula de agradecemento que me renxe canda vez que a escoito. Eu, que intento ser ben falado, escóndome no “graciñas” por non dicir “gracias” directamente, que é o que o 99% dos galegofalantes empregan.
E moitos diredes… é que hai tantas palabras do galego oficial que non son empregadas pola maioría dos galegofalantes! E eu teño que admitir que iso pode ser así, pero ningunha palabra se cadra soa tan estraña como “grazas”. Máis que nada porque esa expresión adoitamos repetila en demasiadas ocasións ao longo do día.
Outra cousa negativa que ten a palabriña é que en zonas con gheada e seseo queda aínda máis ridícula, se cabe: “ghrasas” (moi similar a “ghraxas”). Non sei… o caso é que por moito que se diga nos medios de comunicación e tal, a min segue sen convencerme de todo.
O que debería de facer a RAG, ao meu modesto entender, era deixar como correcta a palabra “graza” pero só para referirse a “habilidade” ou “aquilo que fai rir”, mesmo dentro da locución “grazas a” podería parecerme aceptable. Pero “grazas” para agradecer algo, síntoo moito, segue sen cadrarme. Como solución, propoño que se institúa “graciñas” (corrente para todo o mundo e desde logo nada artificial) como palabra independente de “graza”. Ou sexa, que só se poida empregar esa fórmula para agradecerlle a alguén algo. Non só ten como vantaxe que é máis popular e máis accesible; tamén é unha maneira de darlle valor ao noso diminutivo -iño que tanta forza ten, na miña opinión, no noso idioma.
En fin… Tamén son consciente de que a maioría de vós diredes que por que non se di “obrigado”, como acontece en portugués. Pois a miña resposta xa a imaxinades. Eu considero o “obrigado/a/os/as” un estranxeirismo sen presenza real na lingua galega (aínda que estou seguro que alguén retrucará que na aldea de non sei onde había un vello que o dicía). A xente de aquí non se identifica co “obrigado” por moito que se promova en determinados foros. “Obrigado” non é unha expresión galega… Ah! E “graciñas” tampouco é castrapo.

Loading ...
Agosto 31st, 2008