Arquivo de 30 Agosto 2008

Chegamos xa aos 100 artigos!

E digo chegamos porque considero as vosas achegas fundamentais para o funcionamento deste modesto blog. Grazas a elas e ás vosas críticas construtivas creo que sei algo máis do que sabía hai uns tres meses, cando empecei con esta aventura, tan divertida, apaixonante e chea de sorpresas.

Postos a facer un balance, quedo coa pelexa que algúns levamos a cabo para incluír a palabra ‘bueno‘ no dicionario da RAG (proposta que segue en standby, á espera dunha segunda resposta por parte da Real Academia), o ben que o pasamos cantando e bailando o osiño gominola (un dos ghits non oficiais do verán), ou as risadas que botamos coas paridas adaptadas de Martes y Trece (Terça Feira e Treze)… E, of course, as pelexas amigables que temos decote sobre o tema de sempre, e que non é sexo precisamente… :D

Houbo acertos e tropezos, sen dúbida. Pero isto non fixo máis que empezar! Para os próximos meses virán máis sorpresas para esta páxina e espero seguir contando coa vosa colaboración, coma sempre. Graciñas a a todos e…

ata mañá / até mañá / deica mañá / até amanhã / atá amanhã / deica amanhã / até manhã / atá manhã / deica manhã! / hastra mañana :* Unha aperta a todos.

7 comments Agosto 30th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta